20/04/2010

As escolas de Barreiros e O Valadouro apostan polo fútbol sala a través do Burela FS

As escolas de Barreiros e O Valadouro apostan polo fútbol sala a través do Burela FS

Dentro do seu programa de promoción e impulso do fútbol sala na comarca da Mariña, o CD Burela FS formalizou a semana pasada dous convenios de colaboración coas escolas municipais de Barreiros e O Valadouro. O directivo do club Marcelino Luna e o director da EDM Burela FS, Alfonso Mera, desprazáronse a San Cosme para asinar o acordo co alcalde barreirense, Alfonso Fuente Parga, e o coordinador deportivo municipal, Rubén Caserío. En Ferreira, o compromiso de colaboración foi rubricado polo concelleiro de Cultura e Deportes, José Manuel Lamela Piñeiro.


Con Barreiros e O Valadouro xa son catro as entidades mariñás vinculadas ao CD Burela FS no seu proxecto de consolidación da actividade física e potenciación do deporte de base na bisbarra. Dende o pasado mes de marzo, a Asociación Cultural Deportiva Xove e a Escola Municipal de Cervo xa poden gozar de beneficios como xornadas de convivencia e amigables cos membros do CD Burela FS e pases especiais para presenciar os encontros laranxas, ademais de dispoñer de tarifas reducidas nas actividades programadas dende o club, como o Campus Mixto Internacional.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.