05/04/2010

Comeza a conta atrás para a Copa de España

Comeza a conta atrás para a Copa de España

O Burela FSF Pescados Rubén inicia a conta atrás para escribir un novo capítulo na súa curta e exitosa historia, o da XVI Copa de España (Ourense, 9-11 abril). As pupilas de Javier Pardeiro aproveitan as últimas sesións para afrontar a gran cita do venres 9 de abril na mellor forma, tanto física como animicamente.


O destino quixo que o Burela FSF se cruce en cuartos cun dos titáns de Honra, o Femesala Elche, un rival que se postula como un dos máis firmes candidatos a todos os títulos da tempada, dende a súa condición de imbatido na segunda praza da liga.


O equipo mariñán chegará ao pavillón ourensán dos Remedios co punto de mira posto nas semifinais a pesar das quinielas, que dan como favoritas as ilicitanas. O novel Burela FSF saltará á pista o venres (12.00 horas) para medirse ao histórico Femesala, que xa pode gabarse de dúas Copas de España entre o seu palmarés, co obxectivo de despregar o mellor xogo laranxa e dar a sorpresa do campionato. Fíxoo en setembro de 2009, co título da Copa Galicia, repetiu fazaña cunha brillante primeira volta en Honra, incluíndo a clasificación para a Copa de España, e volverá intentalo o vindeiro venres.


Autobús. O prazo de reserva de praza para a viaxe a Ourense remata este mércores, 7 de abril. Os seareiros/as que o desexen poderán apuntarse nas oficinas do CD Burela FS ou enviando un correo electrónico a burelafs@burelafs.org, no que indiquen nome, apelidos e DNI. O bus partirá da estación de Burela ás 8.00 horas do venres e regresará cando finalice o encontro do Pescados Rubén. No caso de que o Burela FSF se clasifique para as semifinais do sábado, a entidade laranxa fletará outro autobús, coa colaboración de Autos Morán.



Venres 9 de abril – CUARTOS DE FINAL


10.00 horas: Cajasur Córdoba-Diamante Rioja
12.00 horas: Femesala Elche-Burela FSF Pescados Rubén
17.00 horas: FSF Móstoles Cospusa-UCAM Murcia
19.00 horas: Ponte Ourense-Atlético de Madrid Navalcarnero


 


Sábado 10 de abril – SEMIFINAIS


17.00 horas: Vencedor do 1º partido-Vencedor do 2º partido
19.00 horas: Vencedor do 3º partido-Vencedor do 4º partido


 


Domingo 11 de abril – FINAL


12.00 horas: Vencedor da 1ª semifinal-Vencedor da 2ª semifinal

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.