31/03/2010

As burelás gozan da xornada de descanso ostentando a sétima praza

As burelás gozan da xornada de descanso ostentando a sétima praza

O Burela FSF Pescados Rubén afronta esta semana a súa xornada de descanso da División de Honra, na sétima praza (42 puntos), á espera dos resultados dos seus rivais máis directos e en plena preparación para a súa próxima cita, a XVI Copa de España (Ourense, 9-11 abril). 


A parada ligueira proporciónalles ás burelás unha semana máis para centrarse no seu traballo cara aos cuartos da Copa ante o Femesala Elche, o venres 9 de abril (12.00 horas).


O sétimo posto das laranxas estará asediado na vixésimo quinta xornada polo Valladolid, que é oitavo cun só punto menos ca o Burela FSF. Non obstante, as castelano-leonesas non o terán doado, fronte ao segundo clasificado, Femesala Elche (56). Na metade alta da táboa, o cuarto, UCAM Murcia (44), recibirá o undécimo, Natudelia.com Zaragoza (31); o Diamante Rioja, quinto clasificado e empatado a puntos coas mariñás, visitará a pista do líder, Cajasur Córdoba (60); e o Atlético de Madrid Navalcarnero, sexto tamén con 42 puntos, trasladarase ás illas para medirse ao Teldeportivo FSF Preconte (13), décimo quinto.


O cadro burelista regresará á competición de Honra o 24 de abril, na pista do Navalcarnero.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.