18/03/2010

As burelás mídense ao UCAM Murcia en duelo directo pola cuarta praza

As burelás mídense ao UCAM Murcia en duelo directo pola cuarta praza

O Burela FSF Pescados Rubén viaxa esta fin de semana ao Levante para medirse en duelo directo ao UCAM Murcia. O Pazo dos Deportes da capital acollerá o encontro entre o cuarto e quinto clasificado de Honra a partir das 19.15 horas do sábado.


Un só punto lles dá a vantaxe e a cuarta praza ás murcianas (40) sobre as burelistas (39). O conxunto de Javier Pardeiro, sen mingua nos seus efectivos, debe loitar pola vitoria ante o perigo que o axexa dende as dúas posicións posteriores, o Atlético de Madrid Navalcarnero, con 38 puntos, e Diamante Rioja, con 36.


Despois do tropezo ante o pechancelas, o Burela FSF intentará desquitarse e retomar a senda da vitoria ante un rival ao que xa derrotou en Vista Alegre por un claro 3-0. Non obstante, o pavillón murciano é das pistas máis férreas da categoría; dos seus dez encontros como local, o UCAM só desaproveitou 7 puntos, cunha soa derrota, ante o Navalcarnero (3-4), e dous empates, ante o Logroño (2-2) e o Córdoba (4-4).

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.