17/03/2010

Terceira cita e terceira vitoria para os mariñáns na Copa Galega de Balompé

Terceira cita e terceira vitoria para os mariñáns na Copa Galega de Balompé

O equipo de fútbol sala da Asociación de Axuda ao Enfermo Mental da Mariña leva unha traxectoria imparable na IV Copa Galega de Balompé ‘Todos polo Fútbol’. A vitoria de onte, no pavillón burelao Monte Castelo, ante APEM Carballo (4-3) suma o terceiro triunfo do campionato para os mariñáns, que aínda non coñecen a derrota.


No que vai de liga, o equipo que adestra Manuel Boullosa tamén se impuxo a Porta Nova (5-0) e APEM Cee (1-2), cuns resultados que reflicten a evolución e implicación de FS A Mariña.


APEM Coruña será o próximo rival dos burelistas, que se desprazarán ata a cidade herculina o vindeiro luns, 22 de marzo.


A cuarta edición de ‘Todos polo Fútbol’ reúne 11 equipos galegos. Doa, Porta Nova, Lar, Lenda, APEM Carballo, APEM Coruña, APEM Cee, APEM Cambre, Morea Ourense, Morea O Barco e FS A Mariña participan nesta primeira fase ligueira, con partidos de ida e volta, ata o mes de maio. A finais de xuño todos os conxuntos se reencontrarán na final que organizará a Asociación de Axuda ao Enfermo Mental da Mariña en Burela, en colaboración co CD Burela FS e co apoio do Concello de Burela e a Diputación Provincial de Lugo.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.