15/03/2010

Manu e Juan polen os últimos detalles con Galicia Sub-18 para a final nacional

Manu e Juan polen os últimos detalles con Galicia Sub-18 para a final nacional

Os xogadores do CD Burela FS Manu e Juan participarán hoxe no último adestramento da Selección Galega Sub-18 con vistas á final do nacional de Melilla, que comezará o vindeiro xoves, 18 de marzo, e rematará o domingo 21.


Santiago Valladares dirixirá esta tarde a última sesión antes de enfrontarse, no Grupo 1, a Cataluña e Melilla; será ás 17.00 horas, no pavillón compostelán de Pontepedriña. No segundo grupo, bateranse Madrid, Andalucía e Castela-A Mancha.


O devandito adestramento estará integrado pola convocatoria definitiva. Xunto a Manu e Juan, estarán Antonio Diz, Ángel Trabada e Jorge Pérez, do Azkar Lugo; Pablo Tallón, David Pazos e Marcos Fernández, do Autos Lobelle; Iván Rey, do Puerto Celeiro; Óscar Morgade e Pablo Parra, do Coruxo FS; e Adrián Roma, do AD FS Bueu.


A expedición irmandiña partirá da Coruña o mércores, un día antes da súa estrea no pavillón Javier Imbroda ante Cataluña (19.00 horas). Se a sorte non os acompaña nesta cita, os galegos terán que medirse ao equipo anfitrión o venres (18.00); non obstante, se se impoñen aos cataláns, o enfrontamento con Melilla será o sábado (19.00). A gran final disputarase o domingo, ás 12.30 horas, tras a loita polo terceiro e cuarto posto (10.30).



Grupo 1º GALICIA, MELILLA e CATALUÑA
Grupo 2º MADRID, ANDALUCÍA e CASTELA-A MANCHA


Localización: Pavillón Javier Imbroda de Melilla



Xoves 18 de marzo


17.00 horas- MADRID-CASTELA A MANCHA
19.00 horas- GALICIA-CATALUÑA


Venres 19 de marzo


16.00 horas- ANDALUCÍA-Perdedor do MADRID-CASTELA A MANCHA
18.00 horas- MELILLA-Perdedor do GALICIA-CATALUÑA


Sábado 20 de marzo


17.00 horas- ANDALUCÍA-Gañador do MADRID-CASTELA A MANCHA
19:00 horas- MELILLA-Gañador do GALICIA-CATALUÑA


Domingo 21 de marzo


10.30 horas- PARTIDO 3º e 4º POSTO
12.30 horas- FINAL

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.