05/03/2010

Día Internacional da Muller en Burela

Día Internacional da Muller en Burela
O Concello de Burela celebrará o Día Internacional da Muller (8 de marzo) con dous actos programados dende a súa delegación de Igualdade. O luns 8 de marzo, o auditorio da casa da cultura acollerá a proxección de curtametraxes “O cine delas” a partir das 20.30 horas, un ciclo no que se reflicte a visión do mundo dende a óptica feminina. Ao día seguinte, o vídeo “Memoria de muller” descubrirá a experiencia de cinco mulleres burelás coas novas tecnoloxías; será ás 19.00 horas, no salón de plenos do consistorio.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.