05/03/2010

O Burela FS plantarase en Xixón co sexto xogador

O Burela FS plantarase en Xixón co sexto xogador

O Burela FS ultima os preparativos para unha cita de vertixe que o trasladará á comunidade veciña de Asturias para enfrontarse ao Gijón-El Llano o domingo. Ás 12.00 horas, o cadro de Suso Rey plantarase na pista do Pazo dos Deportes co sexto xogador, a afamada afección laranxa, camuflado nas bancadas.


Máis dun centenar de seareiros da peña A Pataca Naranxa animará o conxunto burelista no duelo directo ante os xixoneses, no que se dirimirá a titularidade da segunda praza no Grupo Norte de Prata. Tres puntos avantaxan os mariñáns (42) do terceiro posto, ostentado polos asturianos (39), e os galegos non o van ter doado para defender o seu privilexio. O Burela FS xa comprobou o potencial da revelación do grupo na primeira volta, caendo por un axustado 2-3, e agora debe empregar todas as súas armas para desartellar un fortín no que só puido vencer o Illescas (3-9) na sétima xornada, verdugo dos xixoneses tamén a semana pasada (5-4).   


Consciente da transcendencia do encontro e do poder da ‘marea laranxa’, o club asturiano pediu o apoio da cidade en para neutralizar a maxia dunha das mellores afeccións do panorama español. Se a comezos da semana era o técnico, Hugo Nava, o que reclamaba a presenza do público, onte foron os xogadores Luisjo e Aramburu.


A xulgar polos ánimos e pola calidade dos implicados, a vixésimo terceira xornada de Prata promete un espectáculo digno da fase de ascenso tanto dentro coma fóra da pista.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.