27/02/2010

Segunda parte desafortunada e inmerecido empate para os burelaos (4-4)

Segunda parte desafortunada e inmerecido empate para os burelaos (4-4)

O Burela FS non puido pasar do empate en Vista Alegre ante o Illescas (4-4) a pesar dun excelente xogo demostrado polos laranxas, que se viron absorbidos polo pouco acerto de cara á portería no segundo período. Aínda así, os pupilos de Suso Rey, na segunda praza, seguen mantendo as distancias co terceiro, Gijón-El Llano, que perdeu na casa do Valverde (5-4).


Parecía que a décimo segunda xornada volvería ser unha festa para a bomboneira. Aproveitando un saque de esquina, Juanma inaugaraba o electrónico axiña, no minuto 2, como aviso da superioridade laranxa, e repetía no 4 tras un rexeitamento de Lorente. Os burelaos, cómodos na súa pista, presionaban con chegadas constantes á meta de Manel, que non puido frear o 3-0, saído das zapatillas de Dani Martín (minuto 11), que tan só tivo que empuxar un lanzamento de André que quedou bailando na raia. Outra das oportunidades laranxas tívoa Revilla, cun dobre penalti que se foi desviado. A falta dun minuto para o descanso, Cholo, tras un despexamento de Edu, deulle un respiro ao Illescas (3-1).


O reinicio meteu de cheo aos toledanos no partido, grazas ao 3-2 de Cosme (minuto 23). Despois de dúas ocasións claras de Juanma e Purao, Minu volveu tomar distancia para os mariñáns (minuto 27), rapidamente recurtada por Gasco tras un descoido laranxa. Co 4-3 continuaron as oportunidades infrutuosas dos de Suso Rey: un lanzamento alto de Dani, só ante Manel, unha parede entre Dani e André con finalización inconclusa, un contraataque de Christian bloqueado... Sen fortuna de cara á portería, o Illescas empatou no minuto 36, dende un saque de esquina. Os laranxas non baixaron os brazos; as tentativas de perforar a meta toledana continuaron, pero sen éxito.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.