15/02/2010

A Liga Nacional de Fútbol Sala homenaxea a antigüidade de clubs e profesionais

A Liga Nacional de Fútbol Sala homenaxea a antigüidade de clubs e profesionais

O hotel compostelán Puerta del Camino albergou, o sábado pasado, a cea oficial da Copa de España ‘Santiago de Compostela 2010’, na que se tributou unha merecida homenaxe ao presidente de Honra da LNFS, Aurelio Gómez Araújo ‘Yeyo’, que recibiu a Insignia de Ouro da asociación; aos clubs da asociación que cumpriron 25 anos desde a súa fundación, e ao veterano xornalista Eduardo Navarrete.


O evento reuniu a preto dun centenar profesionais do mundo do deporte e a política, entre eles, o presidente de Honra da LNFS, Aurelio Gómez Araújo; o presidente do Comité Nacional de Fútbol Sala da RFEF, Antonio Escribano; o seleccionador nacional, José Venancio López; o concelleiro de Deportes de Santiago de Compostela, Bernardino Rama; o alcalde de Segovia, Pedro Arahuetes; e representantes dos clubs da Liga Nacional, do Comité Técnico de Árbitros da RFEF e dos patrocinadores oficiais da LNFS.


O CD Burela FS estivo representado polo seu xerente, Juan Carlos Modia, compartindo mesa e mantel con Manuel Vázquez, presidente do Azkar Lugo; Xavier Sans, responsable da área de Fútbol Sala do Barcelona; Daniel Vives e Joan Villasegura, presidente e secretario, respectivamente, da Federación Catalá de Fútbol; Fran Gago, responsable de Futsalsur; José Tirado, director deportivo do Manacor; e Juan Carlos León e Ramón Martínez, director xeral e director de base, respectivamente, do Marfil Santa Coloma.


Ao comezo da velada, Javier Lozano fixo entrega ao presidente de Honra da asociación, Aurelio Gómez Araújo ‘Yeyo’, da Insignia de Ouro da LNFS, pola súa contribución tanto á propia Liga como ao fútbol sala en xeral durante a súa etapa á fronte dunha entidade que el mesmo fundou. Posteriormente, tributouse unha calorosa homenaxe a nove clubs que, recentemente, cumpriron 25 anos de existencia (Marfil Santa Coloma, Inter Movistar, Caixa Segovia, Carnicer Torrejón, Azkar Lugo, Obras y Estructuras RAM, Playas de Salou, Albacete 2010 e Playas de Castellón), nun acto baixo o lema ‘25 anos de compromiso’.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.