12/02/2010

As pupilas de Pardeiro defenderán a cuarta praza en Campillos

As pupilas de Pardeiro defenderán a cuarta praza en Campillos

O Burela FSF Pescados Rubén partiu onte con rumbo á provincia malagueña para enfrontarse ao Campillos na décimo novena xornada da División de Honra. O pavillón municipal acollerá o encontro mañá, ás 16.30 horas, no que as pupilas de Javier Pardeiro buscarán unha maior comodidade de asentamento na cuarta praza.


O afastamento na táboa, entre a cuarta posición das galegas (33 puntos) e a décimo cuarta das andaluzas (13 puntos), dá como favorita a cor laranxa, aínda que mantendo na retina o resultado en contra de Vista Alegre. No seu debut na elite como local, o nerviosismo apoderouse do Burela FSF e non puido frear as ocasións do Campillos, que amosou máis temperanza como novel na categoría e gañou por 3-5.


A vitoria daríalles novos pulos a calquera das dúas escuadras, pero con fins ben dispares. Mentres que ás malagueñas lles serviría para fuxir dos postos de descenso, ás mariñás os tres puntos pódenlles proporcionar a defensa do posto actual, asediado polo Atlético de Madrid Navalcarnero, Valladolid FSF e UCAM Murcia, con tan só dous puntos menos có Pescados Rubén.


A única dúbida do vestiario laranxa será Ro, que segue arrastrando molestias nun pé por sesamoidite; aínda que seguramente a lesión non lle impida xogar, a burelista verá minguadas as súas aptitudes durante varias semanas.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.