05/02/2010

O Burela FSF comeza a segunda volta exultante, ante o Gironella (domingo 7, 12.30 horas)

O Burela FSF comeza a segunda volta exultante, ante o Gironella (domingo 7, 12.30 horas)

Tras conseguir o billete para a Copa de España 2010, o Burela FSF Pescados Rubén comeza esta fin de semana o segundo capítulo do seu periplo na elite futbolística, co arranque da segunda volta, ante o Gironella. Será en Vista Alegre, o domingo, ás 12.30 horas.


As pupilas de Javier Pardeiro estarán exultantes fronte a fronte co seu primeiro rival e primeiro verdugo da División de Honra; ante o Gironella, o Burela FS foi vítima da inexperiencia na categoría, quedando bloqueado por 4-0. Despois deste comezo inestable, o conxunto laranxa soubo repoñerse paseniño ata acadar a súa actual sexta posición (30 puntos). A traxectoria das catalás, coa undécima praza (20 puntos) nestes momentos, experimentou algún altibaixo máis, cunha boa recta final na primeira volta: dous empates, ante 4 Arcos Kupsa Logroño (3-3) e UCAM Murcia (1-1), e dúas vitorias, fronte a Pinto Cellosa Torrejón (2-4) e Teldeportivo (1-6).


Ro será a única do Burela FSF para a cita ante o Gironella; a xogadora laranxa arrastra molestias nun pé dende hai un par de días.

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.