14/01/2010

As mellores instantáneas da familia burelista 2009-10 xa están dispoñibles en Foto Sergio

As mellores instantáneas da familia burelista 2009-10 xa están dispoñibles en Foto Sergio

As mellores imaxes da gran familia que compón o CD Burela FS en 2009-10 xa están dispoñibles en Foto Sergio, dende a instantánea do club ata os cadros das categorías inferiores.


As persoas interesadas xa poden adquirir as fotografías no devandito establecemento burelao, situado na rúa Rosalía de Castro, número 57.


Calendario Laranxa 2010


Cos mesmos protagonistas saíu á rúa o tradicional ‘Calendario Laranxa 2010’, que poderán levar para a casa polo simbólico prezo de 1 euro; atoparano nas empresas colaboradoras Foto Sergio, Cervexería O Trisquel, Alain Affelou Óptico, Librería Cadernos e Kessarys Joyeros, no pavillón Vista Alegre e nas oficinas do club burelista (avenida Arcadio Pardiñas, número 97, entresollado). 


O calendario inclúe a axenda ligueira dos seus primeiros equipos, tanto do feminino en Honra coma do masculino en Prata. A empresa focega Pescados Rubén inaugura o ano con Edu, Irene e Carla. Os meses seguen pasando cos xogadores e xogadoras en Limpezas Lema, Concello de Burela, Foto Sergio, Los Telares, Cervexería O Trisquel, Alain Affelou Óptico, Otte Automoción, Librería Cadernos, Living Sport e o IES Perdouro. Revilla, Lucía e Juanma clausuran en Kessarys Joyeros un ano que o CD Burela aínda ten por escribir na súa historia.

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.