11/01/2010
Claudia remata a súa intervención con Galicia a un paso da final nacional
A xogadora do Burela FSF Pescados Rubén Claudia colgou a camisola galega na fase previa do Campionato de España de Seleccións Territoriais, quedando a un paso da final.
No primeiro enfrontamento, o sábado pasado en Ourense, as cousas parecían comezar ben para Galicia, co triunfo ante Cantabria por 2-0. Non obstante, onte a derrota ante Madrid (5-3) privou ao equipo de María Varela Bardanca do pase en favor das madrileñas. Claudia tivo a oportunidade de formar parte do cinco inicial en ambos os dous encontros.
A Rioxa, Andalucía, Murcia, Cataluña e o País Vasco serán as outras seleccións territoriais que participen na fase final.
Categorías
- Actualidade
- Reportaxes
- Equipo masculino
- Equipo femenino
- Pioneiras
- Historia
- Turismo
- Educación
- RSC
- Institucional
- Patrocinadores
Reportajes
Noticias destacadas