08/01/2010

Burela e Valladolid protagonizan o II Trofeo Raíñas Meigas este domingo, ás 12.00

Burela e Valladolid protagonizan o II Trofeo Raíñas Meigas este domingo, ás 12.00

A afección laranxa ten esta fin de semana unha cita co fútbol sala feminino de elite; será o domingo, co II Trofeo Raíñas Meigas Concello de Burela, que enfrontará o Burela FSF Pescados Rubén e o Valladolid FSF, coa colaboración da Concellería de Deportes burelá e a Área de Deporte da Deputación de Lugo.


A partir das 12.00 horas, o pavillón Vista Alegre acollerá un encontro moi igualado entre dous equipos de Honra separados por un punto e unha praza na competición regular; as pucelanas son quintas fronte á sexta posición das mariñás. As laranxas defenderán o título de campioas, alcanzado en 2009 ante A Fervenza e Cidade das Burgas (formato triangular), nesta cita, que servirá de antesala ao primeiro cruzamento da liga entre burelás e valisoletanas, previsto para finais de xaneiro.


O prezo da entrada será de 3 euros para os adultos/as non socios/as; os menores de 18 anos e os socios/as terán acceso gratuíto.



Calendario Laranxa 2010


O tradicional ‘Calendario Laranxa’ volve ver a rúa un xaneiro máis coa participación dos primeiros equipos, masculino e feminino, e das categorías inferiores. Coincidindo co II Trofeo Raíñas Meigas, todas as persoas interesadas poderán adquirilo este domingo no pavillón Vista Alegre, ao prezo simbólico de 1 euro; tamén estará á venda nas oficinas do club. 


Na súa cuarta edición, o club burelista agarda repetir o éxito que vén experimentando o proxecto dende a súa estrea. O ‘Calendario Laranxa 2010’ inclúe a axenda ligueira dos seus primeiros equipos, tanto do feminino en Honra coma do masculino en Prata. A empresa focega Pescados Rubén inaugura o ano coa férrea defensa de Edu e Irene, ademais da novísima promesa Carla. Os meses seguen pasando cos xogadores e xogadoras en Limpezas Lema, Concello de Burela, Foto Sergio, Los Telares, Cervexería O Trisquel, Alain Affelou Óptico, Otte Automoción, Librería Cadernos, Living Sport e o IES Perdouro. Revilla, Lucía e Juanma clausuran con Kessarys Joyeros un ano que o CD Burela aínda ten por escribir na súa historia.


O club quere expresar o seu agradecemento ás empresas colaboradoras.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.