04/01/2010

O Burela FS Feminino disputará o II Trofeo Raíñas Meigas ante o Valladolid

O Burela FS Feminino disputará o II Trofeo Raíñas Meigas ante o Valladolid

O Burela FSF Pescados Rubén preparará o seu regreso á competición ligueira co II Trofeo Raíñas Meigas Concello de Burela, o vindeiro domingo, 10 de xaneiro, ante o Valladolid FSF, rival das pupilas de Javier Pardeiro na División de Honra. Vista Alegre acollerá o duelo da elite futbolística a partir das 12.00 horas.


Baixo a organización do CD Burela FS e coa colaboración da Concellería de Deportes burelá e a Área de Deporte da Deputación de Lugo, a segunda edición do torneo feminino aséntase como unha cita de referencia no fútbol sala feminino, dando o salto de autonómico a nacional. Se en 2009, o Burela FSF se alzou co trofeo despois de vencer aos conxuntos galegos A Fervenza e Cidade das Burgas (modalidade 3x1), este ano o cadro laranxa defenderá o título nun só partido ante o Valladolid FSF, como antesala do primeiro e vibrante cruzamento entre castelano-leonesas e galegas na liga, previsto para a décimo sétima xornada.


Despois de tres tempadas (1994-97) na súa primeira tentativa de Honra, o Valladolid FSF mantense impertérrito no cumio do fútbol sala feminino dende 2004; a súa mellor praza foi a de 2007-08, quedando na sétima posición e disputando a Copa de España. A punto de rematar a parada de Nadal, a igualdade entre valisoletanas e mariñás, que cun só punto de diferenza ostentan a quinta e sexta posición na liga respectivamente, poderá palparse neste emocionante encontro.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.