30/12/2009

O segundo asalto da Mariña catapulta a benxamíns e cadetes á final de comarcas

O segundo asalto da Mariña catapulta a benxamíns e cadetes á final de comarcas

As dúas vitorias da Mariña onte en Ferrol outórganlles a benxamíns e cadetes o pase á fase final do Campionato Autonómico de Seleccións Comarcais, que se disputará en Santiago de Compostela o 17 de xaneiro.


Despois de vencer a Lambre a semana pasada, as devanditas categorías recolleron o seu segundo triunfo; os benxamíns, cos burelaos Luismi, Nito e Néstor, impuxéronse por 3-8 e os cadetes, cos laranxas Miguel, Daniel, Noé e Alejandro, venceron por 4-6. O infantil mariñán, pola contra, caeu ante os ferroláns (4-2) e depende dos resultados dos outros grupos para confirmar a súa presenza na final; forman parte das súas filas os alumnos da EDM Burela FS Miguel, Jacobo, Isaac, Adrián, Cristian, Jorge e Renato. O cuarto representante da Mariña, o equipo alevín, non tivo tanta sorte, cos laranxas Aarón, Álex, Dani e Arón entre os seus xogadores; onte sufriu a segunda derrota (10-1), coa que desapareceron as súas posibilidades de coarse na final.


No último enfrontamento dos mariñáns, xa sen repercusión para a seguinte fase, benxamíns e alevíns visitarán a pista de Cambre, o 8 de xaneiro.


 


RECORDATORIO DE RESULTADOS


 


1º encontro


A Mariña Benxamín 4-0 Lambre Benxamín
A Mariña Alevín 5-6 Lambre Alevín
A Mariña Infantil 8-2 Lambre Infantil
A Mariña Cadete 5-1 Lambre Cadete


 


2º encontro


Ferrol Benxamín 3-8 A Mariña Benxamín
Ferrol Alevín 10-1 A Mariña Alevín
Ferrol Infantil 4-2 A Mariña Infantil
Ferrol Cadete 4-6 A Mariña Cadete

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.