24/12/2009

Os xuvenís Manuel e David vestirán a camiseta galega no nacional (27-30 decembro)

Os xuvenís Manuel e David vestirán a camiseta galega no nacional (27-30 decembro)

Os xuvenís do CD Burela FS Manuel Jiménez e David Rodríguez vestirán a camiseta galega na fase previa do Campionato de España de Seleccións Territoriais Sub-18, que arrincará en Santiago de Compostela (pavillón de Santa Isabel) o 27 de decembro.


Integrado no Grupo 4, o combinado de Santiago Valladares disputará esta eliminatoria como anfitrión fronte ao País Vasco e Aragón. O martes 29 (12.00 horas) Galicia enfrontarase ao perdedor do duelo entre os seus rivais e o mércores 30 (12.00) tocaralle medirse ao gañador. A selección galega soamente se clasificará para a fase final no caso de quedar primeira de grupo.


Nas mesmas datas, outras 13 comunidades pelexarán en catro sedes. En Melilla, o combinado local compartirá o Grupo 1 coas Canarias, Andalucía e A Rioxa. En Eivissa xogarán as Baleares, Madrid e a Comunidade Valenciana, no Grupo 2. En Murcia (Caravaca de la Cruz), a selección anfitrioa enfrontarase a Cataluña e Asturias, no Grupo 3. Estremadura, Castela-A Mancha e Castela e León compoñerán o Grupo 5, con sede en Badaxoz.

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.