05/12/2009

O Burela FS segue entre os tres primeiros despois de gañar ante o pechacancelas (4-1)

O Burela FS segue entre os tres primeiros despois de gañar ante o pechacancelas (4-1)

O equipo mariñán conseguiu unha vitoria tranquila ante un conxunto con poucas expectativas, que chegaba a Burela na última praza do grupo. Os navarros plantaron cara nos primeiros minutos do choque, pero o partido púxose de cara para o bloque laranxa a partir do gol de Turero, que xunto con Manuel e Brais, dispuxo de minutos durante a xornada. Purao e Minu tamén marcaron antes do descanso.


Logo do reinicio, Revilla colocaba o 4-0 no electrónico. E xa só un gol de Ferreiro no minuto 33 (4-1) incomodou a Edu. O Burela cumpre deste xeito co guión para seguir en cabeza. Talavera e Gijón tamén gañaron, aínda que pola mínima, os seus partidos como locais.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.