O Burela FSF desprázase a Zaragoza na busca da sétima
O Burela FSF Pescados Rubén desprázase na décima xornada á capital aragonesa, na busca da sétima vitoria consecutiva na División de Honra. O pavillón Siglo XXI acollerá o encontro entre o Natudelia.com Zaragoza e o equipo laranxa o domingo, a partir das 12.00 horas.
Colocadas no podio e con 18 puntos, as pupilas de Javier Pardeiro volverán pelexar por sacarlle a máxima rendibilidade a un novo partido, unha vez máis ante un rival nada doado; as zaragozanas ocupan a quinta praza, con tan só tres puntos menos cás burelás. O cadro laranxa recorrerá a esas armas ofensivas que tan ben lle están funcionando na súa estrea en Honra con todos os seus efectivos, nunha pista férrea onde ata o momento o Natudelia só foi batido polo Kupsa 4 Arcos Logroño e o UCAM Murcia.
A Cajasur Córdoba (24) e Femesala Elche (20), primeiro e segundo clasificados, tocaralles enfrontarse esta fin de semana ao Soto del Real (décimo cuarto, 6 puntos) e CD Campillos (décimo terceiro, 9 puntos) respectivamente.
Categorías
- Actualidade
- Reportaxes
- Equipo masculino
- Equipo femenino
- Pioneiras
- Historia
- Turismo
- Educación
- RSC
- Institucional
- Patrocinadores
Reportajes
Noticias destacadas