14/11/2009

Lucía guía o Burela Pescados Rubén no seu sexto triunfo consecutivo

Lucía guía o Burela Pescados Rubén no seu sexto triunfo consecutivo

Lucía conduce o Burela FSF Pescados Rubén á sexta vitoria consecutiva tras superar ao Atlético de Madrid Navalcarnero por 6-4. Ante un Vista Alegre que volveu rexistrar unha grande entrada e fronte a un dos equipos favoritos ao título ligueiro, o equipo dirixido por Javier Pardeiro demostrou que a súa posición na zona nobre da División de Honra non é froito da casualidade.


O papel estelar deste capítulo foi interpretado por Lucía Nespereira que conseguiu bater en cinco ocasións a meta colchoneira. O 1-0 chegou no minuto 6, tras un disparo desde a frontal de Lucía, aínda que rapidamente chegou a contestación atlética por mediación de Patri que marcou un gran gol. A resposta laranxa tampouco se fixo esperar e Lucía logrou o 2-1 co que se chegou ao descanso.


Na continuación, as visitantes saltaron á pista máis centradas que as burelás pero un roubo de balón en media pista propiciou o 3-1 firmado, outra vez, por Lucía. A presión laranxa en media pista alporizou a un Atlético que nun dicir amén se viu cun 5-1 desfavorable. A súa resposta foi actuar con porteira-xogadora e obtivo a súa recompensa cun gol de Anita (5-2) que atopou resposta nunha grande acción individual de Dolo que establecía o 6-2. O Atlético insistiu na súa aposta e, aínda que acurtou a diferenza, os tres puntos quedaron en Vista Alegre. 

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.