13/11/2009

O Burela FS regresa á competición nun duelo igualado, ante o Arenas Gáldar

O Burela FS regresa á competición nun duelo igualado, ante o Arenas Gáldar

O CD Burela FS regresa á competición ligueira, tras a xornada de descanso, na pista do Colegios Arenas Gáldar canario, nun duelo que promete tensión e igualdade, a xulgar pola posición clasificatoria. A partir das 20.00 (hora peninsular), o pavillón Juan Beltrán acollerá mañá un encontro entre dous conxuntos que loitan polos postos altos, empatados a 16 puntos.


O equipo laranxa chega ás illas como cuarto clasificado do Grupo Norte de Prata para intentar arrebatarlle triunfo e praza ao terceiro nunha cancha onde, no que vai de tempada, o Arenas Gáldar só caeu ante o Grupo Empresas Talavara (1-4).


Suso Rey contará outra semana coa baixa de Christian, que aínda non está restablecido da súa escordadura de xeonllo, e volve convocar o xuvenil Manuel Jiménez.


Na décima xornada e con 19 puntos, o líder, Gijón-El Llano, descansará e o segundo clasificado, Grupo Empresas Talavera (18), recibirá o Delta Badajoz, que navega polas últimas posicións.

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.