31/10/2009

Quinta vitoria (2-3) consecutiva do Burela FSF Pescados Rubén nas illas Canarias

Quinta vitoria (2-3) consecutiva do Burela FSF Pescados Rubén nas illas Canarias

O conxunto que adestra Javier Pardeiro volveu saborear a vitoria no seu desprazamento ás illas Canarias, logo dun primeiro tempo no que exerceron un dominio case abafante sobre as locais. Cuchi anotou o primeiro gol no minuto 10 (0-1) e Lucía volvía marcar sete minutos despois (0-2), aínda que as burelás recibirían o primeiro en contra pouco tempo despois, por mediación de Cristina (1-2). Dolo transformou o 1-3 antes de chegar ao descanso.


Cambiaron as cousas logo do inicio do segundo tempo. As laranxas entraron na dinámica de xogo local, con pouca circulación de balón, transicións demasiado rápidas e cambios de xogo constantes. Cristina marcou para as canarias o 2-3, no minuto 23, e xa non habería máis goles. Quinta vitoria nunha temporada histórica para o Burela FSF Pescados Rubén, que soubo atoparlle a cara á competición e segue entre as mellores da elite deste deporte a nivel español.

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.