O cadro de Suso Rey saltará á pista do prometedor Illescas na sétima xornada
O CD Burela FS enfrontarase mañá a un rival moi próximo na táboa; o cadro de Suso Rey viaxará ata Toledo para medirse ao prometedor Illescas FS, na sétima xornada do Grupo Norte de Prata. O pavillón municipal da localidade castelano-manchega acollerá o encontro a partir das 18.00 horas.
Un só punto separa a ambos os conxuntos na clasificación, con vantaxe para os burelistas, que con 12 puntos ocupan a terceira posición, fronte á cuarta dos illescanos.
O cadro laranxa medirá as súas forzas a un dos recentes ascendidos, que está dando moito que falar na categoría. A pesar do seu tropezo inicial ante La Muela (5-4), o Illescas FS foi quen de encadear catro vitorias consecutivas, fronte ao Lanzarote (5-3) e El Escorial (7-4) na casa e ante o Talavera (1-2) e o Cáceres 2016 (4-9) como visitante. A etiqueta de novel na categoría non debe confundir aos burelistas, posto que o toledano é un conxunto moi compacto cun elenco de calidade; xunto ao ex–internacional Lorente e ao gardameta ex–burelista Manel, destacan os máximos goleadores do equipo, Lolo e Javi Baz. Para esta ocasión, o Burela FS debe aproveitar o golpe sufrido polos castelano-manchegos na xornada pasada, que perderon a imbatibilidade local co Gijón-El Llano (1-2).
Con respecto ás lesións, Suso Rey poderá contar co regreso de Minu; Juanma aínda deberá agardar unha semana máis para reincorporarse á competición. O xuvenil Manu entrará na convocatoria do primeiro equipo por segunda semana consecutiva.
Categorías
- Actualidade
- Reportaxes
- Equipo masculino
- Equipo femenino
- Pioneiras
- Historia
- Turismo
- Educación
- RSC
- Institucional
- Patrocinadores
Reportajes
Noticias destacadas