18/10/2009

As laranxas selan a terceira vitoria da elite arrasando en Torrejón (3-8)

As laranxas selan a terceira vitoria da elite arrasando en Torrejón (3-8)

O Burela FSF Pescados Rubén chegou a terras madrileñas para deixar pegada. Nada puido facer o Pinto Cellosa Torrejón para neutralizar as armas das laranxas, un cadro novo na División de Honra que, co arrasador 3-8 da quinta xornada, conseguiu a súa terceira vitoria consecutiva.


O equipo de Javier Pardeiro xa viaxaba sendo consciente do seu potencial e non defraudou; soubo dirixir un encontro no que os tres puntos non perigaron en ningún momento. Dende o asubío inicial, foron as laranxas as que levaron o xogo; no entanto, cunha vantaxe de 0-3 no minuto 12 grazas a Ro, Souza e Lucía, senllos descoidos das mariñás permitiron que as madrileñas acurtaran as distancias ata o 2-3.


Tras o descanso, o Burela FSF saíu coa artillería cargada e mostrouse implacable. No minuto 25, co 2-4, Lucía anunciaba o último cuarto do encontro. As laranxas abriron a caixa dos tronos; Souza, por partida dobre, e Lidia outorgáronlle o 3-7 ao Burela FSF. A gardameta Irene foi quen colocou a guinda do 3-8 (38) ante o Torrejón, con porteira-xogadora na pista.   

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.