16/10/2009

O pechacancelas Pinto Cellosa Torrejón, rival das burelás o domingo 18

O pechacancelas Pinto Cellosa Torrejón, rival das burelás o domingo 18

Nun novo desprazamento, o Burela FSF Pescados Rubén repetirá encontro en domingo, o 18. No pavillón M-4 de Torrejón de Ardoz, o conxunto laranxa enfrontarase ao Pinto Cellosa Torrejón, un dos pechacancelas do grupo, a partir das 13.00 horas.


A quinta xornada da División de Honra preséntase con posibilidades para as pupilas de Javier Pardeiro a xulgar polos resultados. Fronte aos 6 puntos das mariñás, na sétima posición, as madrileñas ocupan o penúltimo posto, cun só punto, empatadas co Castelldefels pechando a táboa; se ben é certo que o Torrejón xa gozou da xornada de descanso.


O técnico laranxa confía en facerse co partido “sendo fieis ao noso estilo” ante un veterano. “Aínda que nesta tempada se sumou algunha cara nova, o Pinto segue sendo un conxunto experimentado con moito potencial. Nós temos que xogar como mellor sabemos: arrebatando a pelota e intentando xogar minuto tras minuto no seu campo”, explicou Pardeiro, que tamén incidiu na visión da portería rival como clave nos obxectivos burelistas. “Un aspecto que debemos incorporar como distintivo do noso xogo é o da finalización, aínda que, polo momento, non me preocupa demasiado. Xeramos moitas ocasións e podería dicir que o importante é chegar; non obstante, mirando ao futuro, estamos traballando para perfeccionalo”, concluíu o técnico.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.