14/10/2009

Infantís e cadetes inician a competición autonómica o 24 de outubro

Infantís e cadetes inician a competición autonómica o 24 de outubro

Dous equipos da base burelista xa coñecen o calendario de competición para 2009-10. Son o Infantil A e o Cadete, que comezarán cadansúa liga autonómica o sábado 24 de outubro. Ambos os conxuntos disputarán 18 xornadas, que se prolongarán ata o 17 de abril de 2009.


Os infantís, dirixidos por Carlos Méndez, mediranse ao Carballiño FS, Vigo 2015 FS, CD Mare Nostrum FS, Ciber Verme, Cidade de Narón, Barval FS, CP Casás, Mat. del Atlántico O Parrulo e Azkar Lugo. Os laranxas visitarán o Carballiño FS na primeira xornada.


Baixo as directrices de Marcelo Santoro, Neco, os cadetes participarán nunha competición composta por Cidade de Narón, Troula FS, Agrup. Deport. FS Bueu, Mat. del Atlántico, Azkar Lugo, Carballiño FS, Os Meigallos FS e Autos Lobelle de Santiago, coa posible incorporación dun décimo equipo antes do comezo ligueiro. Cidade de Narón será o primeiro rival dos burelaos na tempada, na Mariña.

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.