09/10/2009

O Burela FSF loitará polos primeiros puntos locais co debut de Souza

O Burela FSF loitará polos primeiros puntos locais co debut de Souza

O Burela FS Feminino Pescados Rubén volve a Vista Alegre este sábado (18.30 horas) coa esperanza de repetir na cuarta xornada de Honra a fazaña da semana pasada en Córdoba. As pupilas de Javier Pardeiro loitarán polos primeiros puntos locais, ante o Kupsa 4 Arcos Logroño, con dobre inxección de moral, polo histórico triunfo na pista do Cajasur cordobés (3-4), que levaba preto de dous anos invicto, e polo regreso de Raquel de Souza, que se poderá estrear na liga tras cumprir unha sanción pendente da tempada pasada.


Liberadas xa do lastre dos 0 puntos, as burelistas saltarán á bomboneira para medirse a un equipo con dúas tempadas de bagaxe na elite futbolística. As rioxanas, que en 2007-08 tiveron a permanencia en dúbida ata a última xornada e en 2008-09 acadaron a décima posición, ocupan agora o sexto posto con 5 puntos. Tras senllos empates nas dúas primeiras xornadas, o Logroño tamén conseguiu a primeira vitoria, coma as laranxas, a semana pasada, pero ante un rival menos perigoso ca o do Burela FS, o Teldeportivo Preconte; o Kupsa Logroño conseguiu a vitoria na casa, ante un dos ascendidos, cun axustado  2-1.


Nesta segunda cita local da elite, Javier Pardeiro contará con todo o cadro laranxa. Ademais do debut de Souza, que xa deu boas mostras das súas aptitudes durante a Copa Galicia, o preparador tamén poderá dispoñer da última incorporación, Drica.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.