28/09/2009

Burela homenaxea os logros laranxas

Burela homenaxea os logros laranxas

O alcalde de Burela, Alfredo Llano, e a concelleira de Deportes, Neves Cando, recibiron o sábado pasado o Burela FSF Pescados Rubén, despois de facerse coa XIX Copa Galicia, o 13 de setembro.


Antes do acto oficial, Alfredo Llano e Neves Cando inmortalizaron o momento na praza do Concello xunto ás xogadoras burelistas, que acudiron acompañadas de todo o seu corpo técnico, do presidente do club, José Ramón González Casas, e dos directivos José Luis Sáez Castro e Marcelino Luna Almarza. No salón de plenos do consistorio, o alcalde e a edila felicitaron o equipo polo recente título e instárono a continuar nesta brillante liña en consonancia coa súa magnífica calidade. Os representantes municipais tamén lles fixeron entrega ás xogadoras laranxas dunha fotografía conmemorativa da celebración da XIX Copa Galicia.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.