25/09/2009

O cadro de Suso Rey buscará a súa terceira vitoria consecutiva en Lanzarote

O cadro de Suso Rey buscará a súa terceira vitoria consecutiva en Lanzarote

Dende o aeroporto de Avilés, o cadro de Suso Rey despegará hoxe co arquipélago canario como destino, na busca da súa terceira vitoria consecutiva. Ao Burela FS tocaralle medirse mañá ao Lanzarote Tías Yaiza, a partir das 19.00 (hora peninsular), no pavillón municipal de Tías.


Esta será a primeira vez que o equipo laranxa comparta grupo cos lanzaroteños, que en 2008-09 contaron coas cesións burelás de Javi Rodríguez e Christian, militando no Grupo Sur. Non obstante, daquel vestiario que na tempada pasada tamén pelexou na fase ascenso a Honra, o técnico Julio Mougán só volverá dirixir a Zeus, Jovani e Jhony. Entre as novas incorporacións destacan o gardameta ex-burelista Manu; Cassio Correa, do Azkar Lugo; Douglas Reed, do Manchester United; Xuxa, formado na canteira do Burela FS e cedido polo Azkar; ou Jacobo e Tobías, cedidos polo Playas de Castellón.


Nesta terceira xornada, os pupilos de Suso Rey tentarán consolidar os bos resultados iniciais; seis puntos no seu poder danlles o empate na cabeza da clasificación co Colegios Arenas Gáldar, Grupo Empresas Talavera, Gijón-El Llano e Avilés Oquendo. Pola contra, o comezo dos canarios está a fraquear en resultados. Nestas dúas xornadas só conseguiron 1 punto, grazas ao empate ante o Extremadura-Cáceres 2016 (4-4); a semana pasada caeron na pista do ascendido Illescas (5-3).


O preparador laranxa terá á súa disposición todo o vestiario para o encontro nas illas.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.