O club burelista asina un convenio co Centro Social San Aníbal
Coa nova tempada, o CD Burela FS segue tendo como máxima o seu programa de acción social, que nesta ocasión se plasmou na formalización dun convenio de colaboración co Centro San Aníbal de Burela. O directivo do club Marcelino Luna e a responsable do centro social, Martina Sendino del Olmo, reuníronse onte pola tarde nas oficinas da entidade laranxa para asinar o documento de compromiso entre ambas as partes.
Luna mostrouse satisfeito por “poder contribuír coa nosa particular achega a este loable proxecto de atención á familia e á infancia”. Pola súa banda, Martina Sendino expresou o seu agradecemento polo apoio do club aos menores desfavorecidos na práctica deportiva e ofreceu todos os recursos do centro ao CD Burela FS.
Dentro do marco de actuación fixado nesta tempada, os nenos e nenas do Centro Social San Aníbal poderán intervir nas diferentes actividades organizadas polo club burelista cun trato preferente e descontos especiais, no caso de que exista un custo para os/as participantes. Ademais os seus membros tamén contarán cunha reserva de entrada organizada en Vista Alegre.
O Centro Social San Aníbal, situado na rúa burelá do Barridal dende setembro de 2007, está rexentado pola congregación das Fillas do Divino Celo-Rogacionistas; conta cun centro de día para menores de 3 a 18 anos e apartamentos para casos de emerxencia social como violencia de xénero ou acollida de inmigrantes.
Categorías
- Actualidade
- Reportaxes
- Equipo masculino
- Equipo femenino
- Pioneiras
- Historia
- Turismo
- Educación
- RSC
- Institucional
- Patrocinadores
Reportajes
Noticias destacadas