16/09/2009

Javier Pardeiro encabezará o corpo técnico xuvenil

Javier Pardeiro encabezará o corpo técnico xuvenil

O adestrador do Burela FS Feminino, Javier Pardeiro, será o preparador do equipo xuvenil en 2009-10; xunto a el traballará Carlos Méndez, como segundo técnico. O director da EDM, Alfonso Mera, que comezou cos adestramentos do cadro na pretempada, asumirá as tarefas de preparador físico.


Despois de seis anos dirixindo ao primeiro equipo masculino, Pardeiro regresou ao club laranxa nesta tempada para levar as rendas do Burela FSF no seu debut na División de Honra e implicarse, de novo, na aposta da entidade pola formación de base. Xunto a este labor na máxima categoría, o técnico burelista agora asume a dirección dos xuvenís con plena satisfacción porque “traballar coas categorías inferiores sempre resulta gratificante”.


O primeiro adestramento dos xuvenís co renovado corpo técnico será mañá ás 18.00 horas. O venres disputarán o seu cuarto amigable da pretempada; enfrontaranse ao equipo cadete en Vista Alegre, a partir das 18.15.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.