08/09/2009

Comeza a preparación de xuvenís e cadetes

Comeza a preparación de xuvenís e cadetes

Co inicio do curso escolar tamén se aproximan as competicións das categorías inferiores. Hai que estar preparados e, por iso, o CD Burela FS xa comezou cos adestramentos do seus xuvenís e cadetes. Vista Alegre acolleu esta tarde a presentación de ambos os dous cadros, que a partir de outubro participarán nas ligas de xuvenil e cadete coordinadas polas federacións galegas de Fútbol e Fútbol Sala respectivamente; xogadores e corpos técnicos estiveron acompañados polos directivos do club José Luis Sáez e Marcelino Luna.


O director da EDM Burela FS, Alfonso Mera, asumirá a preparación inicial do equipo xuvenil, configurado polos porteiros Vicente Manzano, Juan Quiroga e David Rodríguez, os alas Alejandro Vijande e Jacobo Díaz, os ala-pivotes Boris Baltar, Manuel Jiménez, Xoel Penabade e Alejandro Ramos ‘Sito’ mais os peches David Fernández e Diego Blanco ‘Keko’. Incorpóranse esta tempada os focegos Antón Couto e Aarón Fraga.


Algunhas destas novas promesas, como Manuel, Vicente, Jacobo, Boris e Vijande, xa tiveron a oportunidade de participar na pretempada do primeiro equipo e agora comezan co calendario preparatorio xuvenil, con catro amigables no mes de setembro. Este xoves (20.30 horas), día 10, os xuvenís visitarán o Concello de Trabada FS, de Primeira Nacional B; o venres (19.30) tocaralles recibir en Vista Alegre ao novo conxunto de Provincial Xove FS; Burela Turística, ascendido en 2008-09 a Autonómica como Autoescuela Norte, será o rival dos laranxas o luns 14 (21.30), de novo na bomboneira; e un duelo directo ante os cadetes burelaos, o venres 18 (18.15) en Vista Alegre, servirá de peche.


Daniel Álvarez, Luis Furtado, Noé Fernández, Daniel García, Miguel Márquez, Benjamín Pena, Adán Araujo, Felipe Cruz, Cristian Gaitica e Christian Delgado serán cadetes laranxas en 2009-10, con Marcelo Santoro ‘Neco’ como adestrador. O CD Burela FS aínda ten prazas vacantes nesta categoría, polo que todos aqueles rapaces que estean interesados en pertencer ao equipo poden recibir información nas oficinas do club (avenida Arcadio Pardiñas, número 97, entresollado, Burela) ou chamando ao 982 58 18 15. Este será o primeiro ano que o conxunto cadete dependa exclusivamente do club burelista; nas anteriores edicións, estaba integrado na escola deportiva municipal que coordina a entidade dende 2007. 

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.