07/09/2009

Os burelaos poñen en perigo o Autos Lobelle e impóñense ao Esteo FS (4-5)

Os burelaos poñen en perigo o Autos Lobelle e impóñense ao Esteo FS (4-5)

Na recta final da súa pretempada, o CD Burela FS soubo plantarlle cara ao Autos Lobelle de Santiago, aínda que o marcador non o acompañou (5-3), e impúxose ao Esteo FS (5-4).


Para ambas as dúas citas da fin de semana, Suso Rey reclamou a presenza dos xuvenís Vijande, Boris e Jacobo, que participaron con importantes achegas ao xogo dos burelistas.


Juanma foi o goleador laranxa por antonomasia no amigable do venres en Cee, ante o honorable Autos Lobelle. Precisamente foi o Mariskal o encargado de inaugurar o marcador no minuto 14, situación ante a que os composteláns reaccionaron inmediatamente, cun gol de Rubi. Con 1-1, na segunda parte Rafael e Rubi, de novo, transformaron o 3-1, pero Juanma reapareceu para acurtar as distancias (3-2). O terceiro tanto do alfocego chegou no minuto 36, para contrarrestar a intervención anterior de Rafael (4-3), rematada co 5-3 de Leitão. Edu, Manuel, Purao, Juampe e Juanma compuxeron o quinteto inicial; tamén xogaron André, Dani Martín, Turero, Vijande, Boris e Jacobo.


O sábado, o pavillón das Pontes de García Rodríguez engalanouse para a presentación do Esteo FS. Con Brais baixo os paus laranxas, o Burela FS puido poñerse 1-3 no minuto 10, con goles de Purao, Vijande e Dani Martín; non obstante, os coruñeses, pertencentes a Primeira Nacional B, conseguiron o empate (3-3) no 18. Co reinicio, as zapatillas de Juanma volveron atopar a portería rival para adiantarse no electrónico, ao que se sumou un tanto do xuvenil Manuel (3-5). A falta de catro minutos para o remate e xa con Vicente como porteiro burelista, O Esteo marcou o 4-5.


XIX Copa Galicia


O conxunto de Suso Rey poñerá punto e final á pretempada co encontro de cuartos da Copa ante o Cidade de Narón FS; será este mércores, 9 de setembro, no pavillón das Gándaras. O partido, programado inicialmente para as 21.30, comezará ás 20.30 horas.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.