Actualidade
Oito anos de emoción e devoción
Hoxe, 4 de setembro, o CD Burela FS soprará as candeas do seu oitavo aniversario; oito anos que deron moito de si con intensas e emocionantes competicións, nas que os xogadores e xogadoras sempre se sentiron arroupados/as polo incondicional apoio das bancadas. Con este festexo, o club laranxa prepara unha nova tempada con ilusión e esforzo, para que 2009-10 veña repleto de éxitos.
Dende o debut en Primeira Nacional B de 2001, o Burela FS viviu unha evolución de vertixe; o conxunto laranxa conseguiu plantarse na División de Prata en dúas tempadas e disputou catro play-offs de ascenso a Honra (2004-05, 2005-06, 2007-08, 2008-09). Ao labor do equipo burelista, nos últimos tempos tamén se uniu a aposta pola base, coa creación da Escola Deportiva Municipal Burela FS en 2007, onde aprenden en torno a 200 rapaces/as. O último alicerce dun proxecto deportivo que levanta paixóns foi a creación do Burela FS Feminino en 2008, conxunto que despois dunha tempada inmellorable na División de Prata saltará a Honra en 2009-10.
Categorías
- Actualidade
- Reportaxes
- Equipo masculino
- Equipo femenino
- Pioneiras
- Historia
- Turismo
- Educación
- RSC
- Institucional
- Patrocinadores
Reportajes
Noticias destacadas