20/08/2009

O equipo de Suso Rey debuta con vitoria ante o Azkar B (3-0)

O equipo de Suso Rey debuta con vitoria ante o Azkar B (3-0)

O CD Burela FS triunfou onte no seu primeiro partido da pretempada 2009-10, cunha vitoria por 3-0 ante o Azkar Lugo B, de Primeira Nacional A.


Como de costume, a afección laranxa non faltou á cita en Vista Alegre, onde puido observar de primeira man as posibilidades da combinación de experiencia e xuventude que dirixe Suso Rey.


O dominio burelista foi claro dende o inicio, con numerosas ocasións de gol. O recente chegado Dani Martín foi o encargado de inaugurar o marcador (minuto 6), resultado co que chegou o tempo de descanso, a pesar dalgún lanzamento de Juanma e Manuel con moitas opcións. Na segunda metade, con Brais baixo os paus substituíndo a Edu, os laranxas continuaron no seu empeño de perforar a portería transportista. Faltando 3 minutos para o remate, Javi Rodríguez marcaba de cabeza o 2-0, que Juanma converteu no 3-0 final cun potente lanzamento, un minuto despois.


Saíron no cinco inicial Edu, Juanma, Revilla, Dani Martín e Javi Rodríguez; tamén xogaron Purao, Turero, Manuel e Brais.


Tempada 2009-10


O directivo do CD Burela FS Antonio Rodenas e o adestrador do equipo masculino, Suso Rey, asistirán mañá á primeira Reunión Técnica de Árbitros cara á tempada 2009-10 na Cidade do Fútbol de Las Rozas, en Madrid. A xuntanza comezará ás 17.00 horas e nela debateranse os criterios e regras de xogo na competición para o vindeiro exercicio.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.