18/08/2009

Autos Lobelle, rival laranxa no Celso Currás

Autos Lobelle, rival laranxa no Celso Currás

O Autos Lobelle Santiago FS, de Honra, será o rival do CD Burela FS no V Memorial Celso Currás de Trabada, que se disputará entre o 22 e 23 de agosto.


O vindeiro sábado os xogadores de Suso Rey mediranse aos composteláns en semifinais, a partir das 18.30 horas, no pavillón municipal. Azkar Lugo FS e Marfil Santa Coloma FS, ambos os dous pertencentes á máxima categoría nacional, protagonizarán a segunda semifinal, ás 20.30.


Os gañadores enfrontaranse na gran final do domingo, ás 21.00. Nesta xornada a programación do memorial tamén acollerá unha festa acuática infantil (12.00 horas, piscina municipal) e a presentación do equipo local, o Concello de Trabada FS, que se enfrontará ao Jim Sports Melide FS, a partir das 19.00. 


A entrada custará 5 euros por día, coa posibilidade de adquirir un bono para todo o torneo, por 6 euros. Os/As menores de 14 anos terán acceso gratuíto.


Primeira cita


No entanto, o Celso Currás non será a primeira cita da pretempada para o CD Burela FS. O cadro que defenderá a camiseta laranxa en 2009-10 estrearase mañá ante a súa afección no Vista Alegre, nun amigable fronte ao Azkar Lugo B, de Primeira Nacional A; o encontro comezará ás 20.30 horas.


Juampe non poderá participar neste primeiro partido, debido a unha tendinite rotuliana.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.