11/08/2009

Burela FS e Burela FSF preséntanse o 14 de agosto en Vista Alegre

Burela FS e Burela FSF preséntanse o 14 de agosto en Vista Alegre

O próximo venres, 14 de agosto, Vista Alegre lucirá as súas mellores galas para acoller a presentación dos primeiros equipos masculino e feminino do CD Burela FS. A entidade laranxa dará a coñecer o seu proxecto deportivo 2009-10 a todos os socios e socias, a partir das 21.00 horas na bomboneira.


Durante a festa, os/as asistentes poderán gozar do documental ‘marea laranxa’ e da presentación da campaña de socios/as para a tempada 2009-10.


Con esta cita, o Burela FS inaugura oficialmente a súa pretempada, que culminará o 12 de setembro, coa primeira xornada de liga, fronte ao FC Andorra en terras pirenaicas. Ata ese día, o equipo laranxa disputará preto dunha decena de partidos. Comezará o 19 de agosto, fronte ao Azkar Lugo B, en Vista Alegre; os días 22 e 23 a cita será en Trabada, co Memorial Celso Currás; e Noia será o seguinte destino, o 25, cun amigable ante o Marfil Santa Coloma. A bomboneira acollerá o partido de presentación dos pupilos de Suso Rey o 28, a partir das 21.00 horas, fronte ao Cidade de Narón, e ao día seguinte o conxunto laranxa visitará a pista do Extremadura-Cáceres 2016. Autos Lobelle, As Pontes FS e os cuartos de final da Copa Galicia poñerán o punto e final á pretempada burelá.


Pola súa banda, o Burela FS Feminino, que comeza esta semana coa preparación para o ingreso en Honra baixo as ordes de Javier Pardeiro, terá que disputar durante a pretempada os cuartos de final da Copa Galicia, ante o Viajes Amarelle Sal Lence e o Funeraria Apóstol.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.