30/07/2009

O Atlético Lucense, vencedor do torneo de fútbol praia sub-14

O Atlético Lucense, vencedor do torneo de fútbol praia sub-14

O equipo Atlético Lucense, de Foz, foi o vencedor do torneo de fútbol Praia sub-14 que organizou o Burela FS en colaboración coa área de Deportes da Excma. Deputación de Lugo e o Concello de Burela. Os focegos impuxéronse aos Machacaredes, de Burela, na tanda de penaltis, logo de rematar o tempo regulamentado con empate a 2 tantos.


A loita polo terceiro e cuarto postos foi para o conxunto dos Lucecús, que venceron aos Pataqueiros por 2-4 na final de consolación.


Torneo sub-19 en agosto


O CD Burela FS volve a organizar o torneo de fútbol Praia sub-19 os vindeiros 4 e 5 de agosto. O campionato volverá a estar promovido por Vicepresidencia Primeira e a Área de Deporte da Deputación de Lugo, e contará de novo coa colaboración do Concello de Burela.


Poderán competir os nacidos/as con posterioridade ao ano 90 (inclusive). Os equipos poderán contar cun máximo de 9 xogadores/as.


As persoas interesadas en participar poden inscribirse (establecéndose como data máxima o día anterior ao inicio dos torneos), nas oficinas do CD Burela FS (Avda. Arcadio Pardiñas, nº 97. Entrechán) ou chamando aos números de teléfono 982 581 815 e 667 409 644.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.