2020/21 Club deportivo Burela Fútbol Sala Único club con equipos masculino e feminino en primeira división
Pescados Rubén
O Burela pelexará por inaugurar a etapa de vitorias na visita do Antequera 30/09/2011
Na terceira xornada da Segunda División, o Burela FS-Pescados Rubén volve a Vista Alegre para loitar por inaugurar a etapa de vitorias da liga 2011-12, na visita do UMA Antequera (sábado 1, 18.30 hora...
Un Vista Alegre hostil agarda as burelás en Córdoba 29/09/2011
Ao Burela FS Pescados Rubén tócalle proseguir a súa xesta contra os muíños de vento do calendario de Primeira no inicio de tempada. Primeiro foi o campión da Copa de España, o Móstoles; despois o camp...
Os oíntes de Radio Burela terán invitacións para os partidos laranxas 28/09/2011
A partir desta semana, os oíntes de Radio Burela (107.7 FM) poderán conseguir invitacións para os partidos laranxas en Vista Alegre, da Primeira División Feminina e da Segunda Masculina, ao longo de t...
HORARIOS DA ED EON BURELA FS 2011-12 28/09/2011
Dende aquí poden consultar os horarios e grupos (benxamín e alevín) da ED EON Burela FS 2011-12.
Jozi pon rumbo ao Sudamericano 2011 (Venezuela, 1-14 outubro) 27/09/2011
A gardameta laranxa Joziane de Oliveira partiu hoxe con rumbo ao Brasil para reunirse coa selección canarinha, que disputará o Sudamericano 2011 en Maracay, Venezuela, entre o 1 e o 14 de outubro. Jo...
O Andorra aproveita a escasa eficacia laranxa para gañar por 6-3 25/09/2011
O Burela FS Pescados Rubén regresou de baleiro de terras andorranas tras perder por 6-3 nun partido marcado polo acerto local nos contragolpes e a escasa efectividade laranxa en ataque, así como a súa...
Ampi decidiu o derbi en Vista Alegre 24/09/2011
O Ponte Ourense adxudicouse (0-1) o derbi galego ante o Burela FS Pescados Rubén cun gol de Ampi no tramo final do choque. O duelo tivo todos os ingredientes propios dun derbi aínda que sen excesivas...
O curso 2011-12 dará comezo o luns 26 de setembro 23/09/2011
A ED EON Burela FS xa ten fixados os adestramentos para o curso 2011-12, que dará comezo o vindeiro luns, 26 de setembro. [HORARIOS ADESTRAMENTOS 2011-12] [CONFIGURACIÓN DE GRUPOS] Para facilitar a...
Vista Alegre e o Burela FS bótanlle un pulso ao impoñente Ponte Ourense (sábado 24, 17.30 horas) 23/09/2011
O excepcional ambiente de Vista Alegre e o Burela FS Pescados Rubén botaranlle un pulso ao impoñente Ponte Ourense, que recala en terras mariñás como un dos serios candidatos ao título cun cadro avala...
Os laranxas buscarán os tres puntos en Andorra 23/09/2011
Os laranxas xa se atopan en terras pirenaicas, o seu primeiro destino a domicilio de 2011-12, para medirse na segunda xornada de liga ao Hotels Plaza Andorra, mañá ás 18.30 horas. O Burela FS Pescado...
Visita de Quique García e Alfonso Mera ao IES Monte Castelo 21/09/2011
O alumnado do IES Monte Castelo compartiu o inicio escolar onte pola mañá co adestrador do Burela FS Pescados Rubén masculino, Quique García, e o director da ED EON Burela FS e preparador físico da en...
O deporte laranxa, na Semana Europea da Mobilidade 21/09/2011
Xogadores e xogadoras do CD Burela FS Pescados Rubén protagonizaron hoxe, xunto aos rapaces e rapazas burelaos, ‘Dispara a Gol’, actividade lúdico-deportiva integrada na Semana Europea da Mobilidade d...
TVG2 retransmitirá o emocionante derbi Burela FS-Ponte Ourense (17.30 horas) 20/09/2011
O partido Burela FS-Ponte Ourense, correspondente á 3ª xornada da Primeira División (24 de setembro), adiantarase ás 17.30 horas (Vista Alegre) por petición da CRTVG. O encontro poderase ver en direc...
Burela acollerá un curso federativo de Instrutor de Fútbol Sala (Nivel 1) 19/09/2011
Burela acollerá un curso federativo de Instrutor de Fútbol Sala (Nivel 1), organizado pola Federación Galega de Fútbol, que se desenvolverá entre outubro de 2011 e xuño de 2012, no IES Monte Castelo....
A ourensá Lola asumirá as tarefas de delegada do Burela FS Pescados Rubén 19/09/2011
Dolores Fernández Sotelo, máis coñecida como Lola, estivo acompañada polo directivo do CD Burela FS Pescados Rubén Marcelino Luna na súa presentación como delegada do conxunto laranxa da Primeira Divi...
Os xogadores/as laranxas saen á rúa co soci@ 1.000 como obxectivo 19/09/2011
Os xogadores e xogadoras burelistas, xunto aos diferentes técnicos, saíron á rúa o venres pasado para difundir a atractiva campaña de socios/as 2011-12, co obxectivo de chegar ao carné número 1.000, n...
Montaña rusa na apertura ligueira ante os murcianos (3-3) 17/09/2011
O Burela FS Pescados Rubén estrea a tempada 2011-12 con empate en Vista Alegre ante o filial de ElPozo Murcia(3-3) nunha cita con proliferación de altibaixos no segundo período. As cousas comezaron b...
As burelistas despegan coa primeira vitoria, ante o Soto del Real (0-2) 17/09/2011
O Burela FS Pescados Rubén despega na liga 2011-12 coa primeira vitoria, recollida na pista do correúdo Soto del Real (0-2), nun encontro no que as pupilas de Javier Pardeiro tiveron que esforzarse an...
Comeza o baile laranxa 2011-12 na Segunda División, con ElPozo Ciudad de Murcia 16/09/2011
Xa está todo a punto para o comezo do baile laranxa 2011-12 na Segunda División, coa visita de mañá de ElPozo Ciudad de Murcia a Vista Alegre (18.30 horas), nunha tempada que se prognostica como unha...
A incógnita sotorrealeña, primeiro test das laranxas lonxe da casa 15/09/2011
O Burela FS Pescados Rubén viaxará a Madrid para medirse ao Soto del Real, na segunda xornada de Primeira División Feminina (sábado 17, pavillón municipal, 18.00 horas). No seu primeiro test lonxe da...
Este sábado dá comezo a liga 2011-12 na Segunda División 14/09/2011
É a primeira vez que a Segunda División conta cun grupo de 16 equipos, formato unificado que asegura unha extrema competitividade entre todos os equipos. Non hai un favorito para o posto de...
A clínica Virxe da Mariña cumpre o seu sexto ano de colaboración co Pescados Rubén 14/09/2011
O centro médico-cirúrxico Virxe da Mariña renovou o apoio ao deporte mariñán e ao CD Burela FS-Pescados Rubén en 2011-12, na que se sumará a sexta tempada de colaboración entre as entidades. A xerente...
O Burela FS resolve con amplitude o triangular de Abres 12/09/2011
O Burela FS fíxose co triangular disputado o venres pasado en San Tirso de Abres ante o Txamon Oviedo e CD Rececende Superti-A Pontenova, da Terceira División. No primeiro partido, o Burela FS-P...
Derrota inxusta (0-3) do Burela FSF Pescados Rubén malia ter o dominio no partido ante Móstoles 11/09/2011
Comezou mal e de forma inxusta a Liga para o equipo laranxa, cunha derrota inmerecida (0-3) ante un rival incómodo e experimentado que fixo boas as ocasións contadas que tivo diante da meta de Jozi. L...
O Burela Pescados Rubén vence ao Esteiro (2-5) e xoga un triangular en San Tirso 08/09/2011
O cadro burelao gaño en As Pontes o partido amigable ante o Esteiro, con goles de Cléber (2), Juanma (2) e Víctor, e xa prepara o triangular de San Tirso, no que se batirá (Venres, a partir das 21 hor...
Empate en Copa para o feminino (3-3) antes da estrea en Vista Alegre ante o Móstoles 08/09/2011
Viaxou o Burela FS Feminino Pescados Rubén a Pontevedra coa mirada posta no partido co Móstoles, que servirá de debut ante a súa afección o vindeiro sábado (Vista Alegre. 18:30 horas) e apañou un exce...
Vitoria en Soto del Barco (1-4) e amigables para mañá e o venres 06/09/2011
Gañou con claridade o Burela FS Pescados Rubén en Asturias (1-4) tras empezar perdendo (1-0) e con goles de Víctor, Cléber e Dani (2). Ao final da primeira parte o marcador xa reflectía un 1-2. O equ...
Leis Pontevedra, próximo rival do Burela FSF Pescados Rubén en Copa 06/09/2011
O equipo que adestra Javier Pardeiro viaxa mañá ata Pontevedra para disputar o segundo partido do Grupo A valedeiro para a Copa galega. O choque dará comezo ás 21 horas, no municipal pontevedrés. A ú...
Christian pasará polo quirófano para solventar problemas no menisco 06/09/2011
O peche burelao arrastra molestias dende hai un tempo e deberá pasar a vindeira semana por quirófano para realizar unha artroscopia no xeonllo dereito. Ata o momento da intervención, os especialista...
O venres péchase o prazo de matrícula para a escola deportiva municipal Eon Burela FS 2011/12 06/09/2011
Ata o vindeiro venres día 9 de setembro, permanece aberto o prazo de inscrición da escola deportiva do club laranxa,  cuxa matrícula será gratuíta este ano. A formalización da matrícula pode real...
Partidazo en Vista Alegre 05/09/2011
O Burela FS Pescados Rubén e o Autos Lobelle de Santiago representaron un choque intenso en Vista Alegre, cuxo resultado final favoreceu aos coruñeses (2-3) aínda que puido beneficiar aos laranxas nun...
O equipo masculino viaxa a Asturias para xogar un amigable ante o Soto del Barco 05/09/2011
A pretempada continúa para o Burela FS Pescados Rubén co enfrontamento ante o CD Soto del Barco esta mesma tarde. O equipo que dirixe Quique García xoga contra o equipo asturiano ás 19 horas, no pavil...
As laranxas lévanse o III Torneio Internacional Terras de Vermoim 05/09/2011
O Burela FSF Pescados Rubén levouse o trofeo Terras de Vermoin (Portugal) logo de vencer na final ao cadro local por 1-4. Xogaron polas burelás Irene, Jozi, Lucía, Claudia, Dolo, Peque, Maite e Haydee...
Tablas en Lugo (3-3) antes do enfrontamento deste sábado ante o Lobelle (Vista Alegre, 20.00horas) 02/09/2011
O Burela FS Pescados Rubén fixo valer unha segunda metade xogada con intensidade e acerto para empatar un partido que empezou perdendo 3-0 ante Azkar, no acto de presentación do cadro transportista an...
Burela FS Feminino Pescados Rubén viaxa a Portugal para disputar o III torneo internacional Terras de Vermoim 02/09/2011
O cadro laranxa enfrontarase a partir das 15:00 horas de mañá sábado a Restauradores Avintenses na eliminatoria previa dun torneo no que tamén participan FC Vermoim e Viaxes Amarelle FSF. Os partidos...
Goleada (9-1) do equipo feminino ante o Fervenza 01/09/2011
Comezou con goleada a Copa Galicia para o Burela FS Feminino Pescados Rubén diante do Fervenza (9-1). Logo dun partido brillante, con momentos de gran xogo, o equipo laranxa venceu ás visitantes con g...
O cadro masculino pasa as revisións médicas na Clínica Virxe da Mariña 01/09/2011
A Clínica Virxe da Mariña realiza estes días as exploracións médicas previas ao inicio da tempada 2011/2012 do conxunto que dirixe Quique García. Xunto aos recoñecementos, os equipos senior masculino...