2019/20 Club deportivo Burela Fútbol Sala Único club con equipos masculino e feminino en primeira división
Pescados Rubén
Cor laranxa na Festa do Marisco de El Progreso 31/08/2010
Xogadoras e corpo técnico do Burela FSF Pescados Rubén celebraron o seu primeiro triunfo na fase previa da XX Copa Galicia o sábado, na Festa do Marisco organizada polo Grupo El Progreso. Despois do...
O Burela FS cede a Copa Barrios Deportivo ao Lobelle tras unha boa imaxe 30/08/2010
O Burela FS amosou unha das mellores imaxes da pretempada na I Copa Barrios Deportivo de Ourense, ante o Xacobeo 2010 Lobelle de Santiago FS, pero a diferenza de categoría favoreceu os composteláns, m...
A Pataca Naranxa celebra o Día do Socio/a co comezo da liga 30/08/2010
A peña A Pataca Naranxa celebrará o Día do Socio/a o vindeiro sábado, 4 de setembro, cun xantar gratuíto na Parrillada de Jandro. Coincidindo co comezo da liga de Prata, que enfrontará o Burela FS e...
Os adestramentos de xuvenís comezarán o 1 de setembro 27/08/2010
Co remate do verán volven os adestramentos para a base do CD Burela FS. Os primeiros en poñerse mans á obra serán os xuvenís, que comezarán a preparación 2010-11 o vindeiro mércores, 1 de setembro, ba...
Burela FS e Autos Lobelle disputarán a I Copa Barrios Deportivo de Ourense 27/08/2010
O Burela FS viaxará mañá á cidade das Burgas para disputar a “I Copa Barrios Deportivo” ante o honorable Xacobeo 2010 Lobelle de Santiago FS, baixo a organización do xornal deportivo ourensán que lle...
A escola laranxa abre a matrícula 2010-11 27/08/2010
A formación de fútbol sala volve un ano máis aos pavillóns coa escola do CD Burela FS, que terá aberto o prazo de matrícula para 2010-11 entre o 30 de agosto e o 10 de setembro. No vindeiro curso a e...
Reunión da escola feminina 26/08/2010
A dirección da Escola Burela FS manterá mañá (venres) unha reunión cos pais/nais e rapazas interesados na formación da entidade laranxa. Na devandita xuntanza valorarase a creación das diferentes...
O Burela FSF recibirá o Valdetires este sábado, na previa da Copa Galicia 26/08/2010
O Burela FSF Pescados Rubén recibirá este sábado, 28 de agosto, o Valdetires Ferrol, da División de Prata, na fase previa da XX Copa Galicia. Vista Alegre acollerá o encontro a partir das 18.30 horas....
O alumnado laranxa comparte a xornada con nenos saharauís de 'Vacacións en Paz' 26/08/2010
O alumnado da EDM Burela FS gozou hoxe dunha tarde de fútbol sala en Vista Alegre con 23 nenos e nenas saharauís que están pasando o verán na comarca da Mariña a través do programa ‘Vacacións en Paz’...
Unha de cal e unha de area na cita pontenovesa 25/08/2010
O triangular da Pontenova resolveuse onte para o Burela FS cunha de cal e unha de area. Os laranxas puideron impoñerse ao anfitrión, Superti-A Pontenova, por 1-0, pero, co terceiro en discordia, Marfi...
Superti-A Pontenova e Burela FS, unidos no impulso do fútbol sala mariñán 24/08/2010
O Superti-A Pontenova e o CD Burela FS veñen de asinar un convenio de colaboración de cara a 2010-11 para traballar conxuntamente no impulso do fútbol sala na Mariña e na formación das categorías infe...
A escasa profundidade no banco apea os burelaos do Celso Currás 23/08/2010
O Burela FS non puido superar a semifinal do VI Memorial Celso Currás de Trabada ante o honorable Marfil Santa Coloma (1-4). A escasa profundidade no banco condenou a cita para os laranxas, coas ausen...
Gala de presentación sen recompensa goleadora 23/08/2010
O Burela FSF Pescados Rubén non puido dedicarlle o triunfo á bancada de Vista Alegre na súa presentación o venres pasado. As laranxas caeron ante o Cidade das Burgas, que levou a vitoria por 1-3, nun...
Marfil e Superti, rivais laranxas no triangular benéfico da Pontenova 23/08/2010
Marfil Santa Coloma, de Honra, e CD Rececende Superti-A Pontenova FS, de Primeira Nacional A, serán os rivais do Burela FS mañá no triangular benéfico que celebrará o décimo aniversario do club ponten...
Os de Suso Rey despídense da Semana Eypar de Melide con espectáculo de goles 20/08/2010
Os pupilos de Suso Rey despedíronse onte da Semana Eypar de Melide con espectáculo de goles ante o conxunto anfitrión, Jim Sports Melide FS. Na terceira cita da pretempada, os laranxas regresaron á Ma...
A clínica Virxe da Mariña revisa os primeiros equipos do CD Burela FS 20/08/2010
A clínica médico-cirúrxica Virxe da Mariña de Burela realiza, un ano máis, as revisións do CD Burela FS como parte esencial do acondicionamento de cara á tempada. Durante estes días, os xogadores e xo...
Reunión da escola do Burela FS Feminino, venres 27 (19.00 horas) 19/08/2010
O vindeiro 27 de agosto, ás 19.00 horas, o CD Burela FS terá unha reunión informativa no salón de conferencias da vila cos pais/nais e nenas interesados na escola do Burela FS Feminino Pescados Rubén,...
A liga checa abre as súas portas para o pivote laranxa Turero 19/08/2010
O pivote laranxa Rubén García Freije, Turero, estrearase no fútbol sala centroeuropeo. A liga checa abriu as súas portas para recibir o mariñán como nova incorporación do destacado conxunto da primeir...
Marfil Santa Coloma, rival do Burela no VI Memorial Celso Currás 19/08/2010
O Marfil Santa Coloma, da División de Honra, será o rival do Burela FS na sexta edición do Memorial Celso Currás de Trabada, que terá lugar entre o sábado 21 e o domingo 22 de agosto. Os rapaces de S...
Os laranxas sucumben ao Marfil (3-2) tras unha segunda parte brillante 18/08/2010
O Burela FS non puido contabilizar a súa segunda vitoria da pretempada onte, na Semana Eypar de Melide. Os laranxas sucumbiron ao Marfil Santa Coloma (3-2), da División de Honra, a pesar dunha brillan...
Jean desvincúlase temporalmente das obrigas burelistas por motivos persoais 17/08/2010
O pivote italo-brasileiro Jean Cividini non poderá participar nas vindeiras citas co equipo laranxa. O CD Burela FS deulle permiso para viaxar a Italia e desvincularse temporalmente das súas obrigas f...
O cadro feminino preséntase en Vista Alegre ante As Burgas 17/08/2010
O Burela FSF Pescados Rubén presentarase ante a bancada de Vista Alegre este venres, 20 de agosto, a partir das 21.00 horas, nun amigable fronte ao Cidade das Burgas, novo conxunto da División de Honr...
Estrea e vitoria laranxa ante o Mera FS (3-1) 16/08/2010
A afección laranxa puido presenciar a presentación do Burela FS 2010-11, o sábado pasado, con vitoria por 3-1 ante o Mera FS, de Primeira Nacional A. O comezo da pretempada e a falta de rodaxe sobre...
O CD Burela FS preséntalle a Raquel Arias o seu plan 2010-11 16/08/2010
O CD Burela FS reuniuse o venres pasado coa delegada territorial da Xunta de Galicia, Raquel Arias, en Lugo para presentar o seu traballo de cara a 2010-11. Xunto á delegada territorial e o presidente...
O Burela FS Feminino vence o Cidade das Burgas (2-1) na primeira cita da pretempada 16/08/2010
O Burela FSF Pescados Rubén saíu airoso do seu primeiro asalto da pretempada vencendo por 2-1 ao Cidade das Burgas, na Semana Eypar de Melide. Nun encontro sen sorpresas e coas imprecisións habituais...
O Burela FSF estreará a pretempada ante o Cidade das Burgas, en Melide 13/08/2010
O Burela FSF Pescados Rubén estrea a pretempada 2010-11 este domingo, na Semana Eypar de Melide. O pavillón da localidade coruñesa acollerá o encontro entre as pupilas de Javier Pardeiro e o Cidade da...
O presidente de FEVE reúnese con Alfredo Llano e o CD Burela FS para coñecer o proxecto laranxa 13/08/2010
O alcalde de Burela, Alfredo Llano, exerceu de anfitrión na reunión que mantivo o presidente de FEVE, Ángel Villalba, co equipo directivo do CD Burela Fútbol Sala. Durante a xuntanza, que tivo lugar n...
O Burela FSF defenderá a Copa Galicia ante o Valdetires e A Fervenza 12/08/2010
O Burela FSF Pescados Rubén xa coñece os seus primeiros rivais da XX Copa Galicia. As pupilas de Javier Pardeiro defenderán o título galego ante o Valdetires e A Fervenza, da División de Prata, na fas...
Vista Alegre acolle o partido de presentación burelista ante o Mera FS este sábado 12/08/2010
O Burela FS xogará o seu partido de presentación para a afección de Vista Alegre, este sábado, 14 de agosto, fronte ao Mera FS, de Primeira Nacional A. Ás 20.00 horas, a bucina da bomboneira dará pas...
'Na Busca da Mascota Laranxa' amplía o prazo ata finais de setembro 11/08/2010
O CD Burela FS recibirá os deseños do seu concurso ‘Na Busca da Mascota Laranxa’ ata finais de setembro. A entidade burelista, que xa recibiu varias propostas, decidiu ampliar o prazo de recepción ata...
Marta causa baixa no Burela FS Feminino 10/08/2010
A cervense Marta Cabo Pérez causará baixa no vestiario do Burela FSF Pescados Rubén para a tempada 2010-11. O club laranxa decidiu non prolongar a relación contractual por incompatibilidades da ala-pe...
As pupilas de Pardeiro inician a preparación da súa segunda tempada en Honra 10/08/2010
Comeza a pretempada para o Burela FSF Pescados Rubén. As pupilas de Javier Pardeiro inician esta tarde os adestramentos de preparación para a que será a súa segunda tempada na División de Honra. O té...
A afección laranxa coñece o proxecto de Prata 2010-11 09/08/2010
A afección burelista volveu reunirse na bomboneira o venres pasado, na gala de presentación do proxecto laranxa de Prata 2010-11, que comezará a liga o vindeiro 4 de setembro coas incorporacións de Ad...
Apúntate xa á escola do Burela FS Feminino Pescados Rubén! 09/08/2010
Na súa firme aposta polo deporte en igualdade na Mariña, o Burela FSF Pescados Rubén abre esta semana a campaña da escola feminina para o vindeiro curso, coincidindo coa súa segunda tempada na Divisió...
Alfonso Mera responsabilizarase da preparación física do Burela FS Feminino 06/08/2010
O director da escola deportiva laranxa, Alfonso Mera, responsabilizarase da preparación física do Burela FSF Pescados Rubén en 2010-11, xunto á xestión das categorías inferiores. O burelao xa comezou...
Presentación do Burela FS masculino 06/08/2010
A bomboneira dará hoxe a coñecer o proxecto do CD Burela FS para a emocionante División de Prata da vindeira tempada, coa presentación do cadro de Suso Rey. Os protagonistas do espectáculo laranx...
Paleta formaliza a súa fichaxe co Burela FS 06/08/2010
O gaditano David Richarte León, máis coñecido como Paleta, formalizou a súa fichaxe co Burela FS esta tarde, acompañado polo vicepresidente da entidade Manuel Blanco. Procedente do CD Virgili andaluz,...
O Puteu Bravo, gañador do torneo de fútbol praia sub-16 05/08/2010
O equipo Puteu Bravo, de Burela, foi o gañador do torneo de fútbol praia sub-16 disputado no areal do Portelo esta semana, baixo a organización do CD Burela FS e en colaboración co Concello de Burela....
O CD Burela FS abre a campaña de socios/as 2010-11 05/08/2010
O CD Burela FS abre a súa campaña de socios/as para a tempada 2010-11 baixo o lema ‘Forma Parte da Historia’ porque todos e cada un dos seguidores e seguidoras que ateigan a bancada de Vista Alegre, s...
Lucas volta ao corpo técnico laranxa 04/08/2010
Iván Cao Valle, máis coñecido como Lucas, volta ao corpo técnico do CD Burela FS para a tempada 2010-11. O adestrador mariñán estará á fronte do conxunto xuvenil laranxa, ademais de asistir a Suso Rey...