2019/20 Club deportivo Burela Fútbol Sala Único club con equipos masculino e feminino en primeira división
Pescados Rubén
Claudia, Dolo e Lidia adestrarán con Galicia o 3 de xaneiro 31/12/2009
As xogadoras do Burela FSF Pescados Rubén Claudia, Dolo e Lidia foron reclamadas pola adestradora galega, María Varela Bardanca, para unha nova sesión preparatoria do Campionato de España de Selección...
O Burela FS inaugura 2010 con partido benéfico ante o Deportivo de Veteranos 31/12/2009
O primeiro equipo masculino do CD Burela FS inaugurará 2010 cun partido benéfico ante o Deportivo de Veteranos. Será o primeiro domingo do ano, 3 de xaneiro, no pavillón municipal de San Marcos de Abe...
Manuel estrea portería no pase de Galicia Sub-18 á final nacional 30/12/2009
O xogador do CD Burela FS Manuel Jiménez contribuíu esta mañá co seu acerto goleador á vitoria de Galicia Sub-18 ante Aragón por 4-2, resultado que mete o combinado de Santiago Valladares na final do...
O segundo asalto da Mariña catapulta a benxamíns e cadetes á final de comarcas 30/12/2009
As dúas vitorias da Mariña onte en Ferrol outórganlles a benxamíns e cadetes o pase á fase final do Campionato Autonómico de Seleccións Comarcais, que se disputará en Santiago de Compostela o 17 de xa...
Os benxamíns acudirán á segunda fase do 'Cidade de Lugo' 30/12/2009
A EDM Burela FS volve ao VIII Torneo Internacional de Base ‘Cidade de Lugo’ co equipo Benxamín A como convidado na segunda fase, que se disputará entre o 2 e o 4 de xaneiro. Inseridos no Grupo A, os...
Asemblea Xeral Extraordinaria de Socios/as 30/12/2009
A Xunta Directiva convoca Asemblea Xeral Extraordinaria de Socios/as para o 30 de decembro. A reunión terá lugar no Salón de Conferencias de Burela (antiga biblioteca), sendo a primeira convocatoria...
A EDM Burela FS, subcampioa do 'Cidade de Lugo' en infantís 29/12/2009
O equipo infantil da EDM Burela FS rematou o seu periplo na eliminatoria autonómica do VIII Torneo Internacional ‘Cidade de Lugo’ na segunda praza. Os xogadores laranxas quedaron a un paso da fase nac...
Suso Rey: 'O equipo está moi mentalizado para chegar ao play-off' 29/12/2009
O Club Deportivo Burela FS está inmerso na súa sétima temporada na División de Prata desde que fixo o seu debut en 2003/04. Tras varios anos con aspiracións ao ascenso, parece que o grupo formado para...
Inicio prometedor para o combinado galego sub-18 29/12/2009
O combinado galego sub-18 comezou esta mañá a súa aventura na fase previa do Campionato de España de Seleccións Territoriais cun inicio prometedor. En Santiago de Compostela, os anfitrións, co xuvenil...
O CD Burela FS promoverá o Xacobeo en 2010 29/12/2009
O CD Burela FS será unha das preto de 150 entidades deportivas de Galicia que promovan o Xacobeo en 2010 como club de alta competición. Así quedou hoxe formalizado en Santiago de Compostela a través d...
O CD Burela FS sela a súa colaboración coa escola asturiana Cangasport 28/12/2009
Na súa aposta polo fútbol sala de base, o CD Burela FS vén de asinar un convenio de colaboración coa escola asturiana Cangasport. Ata Cangas del Narcea viaxaron a semana pasada o director da EDM Burel...
Os infantís cóanse na final do 'Cidade de Lugo' 28/12/2009
O conxunto infantil da EDM Burela FS disputará hoxe a gran final da fase previa do VIII Torneo Internacional de Base ‘Cidade de Lugo’. A partir das 19.00 horas, os burelaos loitarán por unha praza na...
Os mariñáns comezan con bo pé o autonómico de comarcas 24/12/2009
A Mariña tivo un excelente inicio no Campionato Autonómico de Seleccións Territoriais Base. O seu primeiro enfrontamento, onte en Vista Alegre, ante Lambre resolveuse con tres vitorias –benxamíns, inf...
Os xuvenís Manuel e David vestirán a camiseta galega no nacional (27-30 decembro) 24/12/2009
Os xuvenís do CD Burela FS Manuel Jiménez e David Rodríguez vestirán a camiseta galega na fase previa do Campionato de España de Seleccións Territoriais Sub-18, que arrincará en Santiago de Compostela...
Catro equipos do Burela FS disputarán o internacional de base 'Cidade de Lugo' 24/12/2009
Catro equipos do CD Burela FS participarán no VIII Torneo Internacional de Fútbol Sala de Base ‘Cidade de Lugo’, que terá lugar na capital amurallada entre o 26 e o 28 de decembro. O Benxamín C, Ale...
Presentación do X Torneo Benéfico 'Mételle un Gol ó Cancro' 23/12/2009
O Centro Oncolóxico da Coruña acolleu onte pola mañá a presentación da décima edición do Torneo Benéfico ‘Mételle un Gol ó Cancro’, prevista para o 2 e 3 de xaneiro de 2010 e onde o CD Burela FS parti...
A Mariña inicia hoxe o Campionato de Seleccións Locais en Burela con 18 xogadores da base laranxa 23/12/2009
A selección da Mariña inaugurará hoxe o Campionato de Seleccións Locais Base en Vista Alegre cun total de 18 xogadores da canteira laranxa nas súas filas, entre as categorías de benxamín e cadete. O c...
O Burela FS, axudante de Papá Noel por un día 22/12/2009
O CD Burela FS realizou onte a súa tradicional visita á sección de Pediatría do Hospital da Costa da vila. Xunto aos xogadores e xogadoras dos primeiros equipos Purao, Revilla, Dolo e Souza, tamén acu...
Resultados das categorías inferiores 21/12/2009
Liga Nacional Xuvenil Coruxo FC 4-1 Burela FS   Liga Autonómica Cadete Burela FS 3-7 Autos Lobelle   Liga Autonómica Infantil O Parrulo 4-2 Burela FS   Deporte Escolar ADS Foz...
A gran familia laranxa volve reunirse 21/12/2009
A punto de coller as vacacións de Nadal, o CD Burela FS congregou esta fin de semana a todos os seus deportistas para a cita obrigada por excelencia, a tradicional foto de familia. Vista Alegre reun...
Os pupilos de Suso Rey desaproveitan a oportunidade de escalada ante o Valverde (2-4) 20/12/2009
O Burela FS chega ás vacacións de Nadal cun sabor agridoce despois da súa derrota ante o Valverde, nos postos baixos do Grupo Norte. De nada lles serviu aos pupilos de Suso Rey a calor da afección lar...
Un Burela pouco centrado sucumbe ao fortín mostoleño (9-0) 19/12/2009
A saída de Lucía da pista, xa no primeiro minuto por un golpe no nocello, presaxiaba que o de hoxe non sería un camiño de rosas para o Burela FSF Pescados Rubén. Sen a concentración necesaria, o equip...
Asemblea Xeral Extraordinaria de Socios/as 18/12/2009
A Xunta Directiva convoca Asemblea Xeral Extraordinaria de Socios/as para o 30 de decembro. A reunión terá lugar no Salón de Conferencias de Burela (antiga biblioteca), sendo a primeira convocatoria...
Móstoles, aínda máis difícil 18/12/2009
O Burela FSF Pescados Rubén intentará despedir o ano o máis arriba posible, tras pasar por unha pista das máis difíciles da División de Honra, a do FSF Móstoles Cospusa. O pavillón Villafontana acolle...
Os burelaos buscarán un perfecto remate da primeira volta, ante o penúltimo do grupo 18/12/2009
O Burela FS disputará o último encontro de 2009, coincidindo coa fin da primeira volta, ante o Valverde del Majano, penúltimo do Grupo Norte. O fútbol sala de Vista Alegre despedirá o ano mañá cunha c...
Xornada das categorías inferiores 17/12/2009
Liga Nacional Xuvenil Coruxo FC-Burela FSSábado 19 de decembro, ás 16.15 horas, no pavillón das Roteas de Vigo   Liga Autonómica Cadete Burela FS-Autos LobelleSábado 19 de decembro, ás 16.00...
O Burela FS recibirá 2010 co Torneo Benéfico 'Mételle un Gol ó Cancro' 17/12/2009
O Burela FS comezará o ano novo saltando á pista por unha boa causa, o Torneo Benéfico ‘Mételle un Gol ó Cancro’. Os pupilos de Suso Rey protagonizarán un partido de exhibición fronte ao Deportivo de...
As empresas da Mariña mostran o seu apoio á base laranxa 16/12/2009
O CD Burela FS ten na base o seu alicerce máis sólido; un garante de futuro para fútbol sala ao que diversas empresas da Mariña veñen mostrando o seu fiel apoio. En 2009-10, os dez equipos da Escola D...
Resultados das categorías inferiores 14/12/2009
Liga Nacional Xuvenil Burela FS 6-6 Azkar Lugo   Liga Autonómica Cadete Os Meigallos FS 5-3 Burela FS   Liga Autonómica Infantil Burela FS 3-4 CP Casás   Deporte Escolar - EDM...
O club sorteará unha cesta doada por Gadis no encontro Burela FS-Valverde 14/12/2009
No último partido de 2009 e xa impregnados do espírito de Nadal, o CD Burela FS sorteará o vindeiro sábado, 19 de decembro, unha cesta con produtos típicos destas datas cedida pola empresa galega de s...
Festival de goles en Badajoz, onde o Burela gañou por un 6-9 que lle permite ter a tiro o liderado 13/12/2009
O Burela cumpriu co guión previsto e regresou do feudo do Delta Badajoz con tres puntos, que o manteñen na loita polo liderado do grupo norte da División de Prata. Cada xornada que pasa o grupo de asp...
Tres puntos de diamante para o Burela Pescados Rubén, que acariña a súa presencia na Copa de España 12/12/2009
Triunfo importantísimo por 4-1 do Burela Pescados Rubén ante un Diamante Rioja que deixou unha grata impresión en Vista Alegre. Medio milleiro de espectadores presenciaron un choque vibrante entre dou...
Xornada das categorías inferiores 11/12/2009
Liga Nacional Xuvenil Burela FS-Azkar LugoDomingo 13 de decembro, ás 12.00 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela   Liga Autonómica Cadete Os Meigallos FS-Burela FSSábado 12 de decembro, á...
Badajoz, último desprazamento do ano para os pupilos de Suso Rey 11/12/2009
O CD Burela FS xa se atopa en terras estremeñas para que enfrontarse mañá, no que será o seu último encontro de 2009 como visitante, ao Extremadura Delta Badajoz. O partido arrincará ás 20.30 horas, n...
O Burela FS Feminino recibe o Diamante Rioja como rival directo 11/12/2009
O Burela FSF Pescados Rubén recibe na décimo terceira xornada de Honra un rival directo na táboa, o Diamante Rioja, que, con tan só 1 punto menos cás laranxas, está sexto, fronte á quinta praza mariñá...
A Pataca Naranxa e Cruz Vermella promoven un Nadal solidario 10/12/2009
Como xa é habitual nestas datas, a peña A Pataca Naranxa colabora coa Cruz Vermella de Burela na campaña de recollida de xoguetes do Nadal. A iniciativa solidaria “Un xoguete, unha ilusión” contribúe...
A Selección Galega convoca a cinco xogadoras laranxas para os seus adestramentos 10/12/2009
A Selección Galega Feminina reclamou a presenza de cinco xogadoras do Burela FSF Pescados Rubén para preparar a fase previa do campionato nacional, que se desenvolverá en Santiago de Compostela entre...
Resultados das categorías inferiores 09/12/2009
Liga Nacional Xuvenil Puerto Celeiro 6-7 Burela FS   Liga Autonómica Infantil Burela FS 2-6 Cidade de Narón   Deporte Escolar ACD Xove 0-6 EDM Burela Alevín A
O Burela avanza na ruta trazada para ser campión de inverno 09/12/2009
O final da primeira volta está moi preto e o Burela FS conserva intactas as súas esperanzas e posibilidades de proclamarse campión de inverno no Grupo Norte da División de Prata. O equipo mariñán cubr...
O Burela FS segue entre os tres primeiros despois de gañar ante o pechacancelas (4-1) 05/12/2009
O equipo mariñán conseguiu unha vitoria tranquila ante un conxunto con poucas expectativas, que chegaba a Burela na última praza do grupo. Os navarros plantaron cara nos primeiros minutos do choque, p...
O conxunto feminino cae en Castelldefels (7-5) logo dun primeiro tempo brillante 05/12/2009
O equipo que dirixe Pardeiro viuse sorprendido no segundo tempo, logo de rematar a primeira parte con vantaxe (1-3). Souza, en dúas ocasións, e Lucía anotaron nos primeiros vinte minutos, nos que as x...
O Burela FSF chega a Barcelona para disputar un duelo de extremos 04/12/2009
Duelo de noveis, pero tamén de extremos, será o que depare a duodécima xornada de Honra Feminina no pavillón catalán de Can Roca. O Burela FSF Pescados Rubén arribou hoxe a Barcelona para enfrontarse...
O Ribera Navarra recala na Mariña como pechacancelas de grupo 04/12/2009
O CD Burela FS regresa a Vista Alegre con boa liña de actuación nunha xornada, a décimo terceira, que enfrontará os pupilos de Suso Rey ao OPDE Ribera Narvarra, equipo que recala na Mariña como pechac...
Xornada das categorías inferiores 03/12/2009
Liga Nacional Xuvenil - Descanso-7ª xornada - Puerto Celeiro-Burela FS (8ª xornada) Martes 8 de decembro, ás 12.00 horas, no pavillón municipal de Viveiro   Liga Autonómica Infantil Bu...
A LNFS e Mercedes-Benz Vehículos Industriales renovan o seu acordo de patrocinio 02/12/2009
Mercedes-Benz Vehículos Industriales e a LNFS selaron a renovación do seu acordo de patrocinio, sendo esta a quinta campaña na que ambas entidades vincularán a súa imaxe. A firma levárona a cabo o dir...
O Burela FS asina un convenio coa Asociación de Axuda ao Enfermo Mental da Mariña 02/12/2009
Dentro do seu programa de acción social, o CD Burela FS vén de asinar un convenio de colaboración coa Asociación de Axuda ao Enfermo Mental da Mariña. Os directivos do club Antonio Rodenas e Marcelino...
Resultados das categorías inferiores 30/11/2009
Liga Nacional Xuvenil Burela FS 2-11 Autos Lobelle FS   Liga Autonómica Infantil AD Barval O Barco 4-3 Burela FS   Deporte Escolar - EDM Mondoñedo Benxamín 6-2 EDM Burela FS Benxamín...
Os laranxas desartellan a defensa leonesa (0-3) e regresan ao podio Norte 29/11/2009
O primeiro equipo masculino pecha con broche de ouro a fin de semana para o CD Burela FS. O triunfo na pista do OE Ram León (0-3) catapulta os laranxas de novo ás posicións do podio con 22 puntos, tra...
A calidade burelá deixa pegada ante o Ponte Ourense (5-2) 28/11/2009
A calidade futbolística en Galicia ten denominación de orixe burelá. Boa mostra desta etiquetaxe de excelencia é o 5-2 polo que o Burela FSF Pescados Rubén se impuxo hoxe ao Ponte Ourense, no duelo au...
A bomboneira acolle o derbi galego, ante o Ourense, coas dúbidas de Lucía e Souza 27/11/2009
A bomboneira acollerá este sábado, a partir das 18.30 horas, o derbi galego da División de Honra Feminina coas dúbidas de Lucía e Souza nas filas do Burela FSF Pescados Rubén por senllas molestias; a...
O Burela FS buscará o podio en León, animado pola súa afección 27/11/2009
Situado na quinta posición, o equipo burelao viaxa na duodécima xornada de Prata a León na busca dunha maior aproximación ao podio, co apoio da numerosa afección que representa a peña A Pataca Naranxa...
Adestramentos coa Selección Galega Sub-18 26/11/2009
Os xuvenís do CD Burela FS Manuel Jiménez e David Rodríguez foron reclamados, por terceira vez no que vai de mes, polo seleccionador galego Santiago Valladares na preparación do combinado sub-18 para...
Xornada das categorías inferiores 26/11/2009
Liga Nacional Xuvenil Burela FS-Autos Lobelle FSDomingo 29 de novembro, ás 12.30 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela   Liga Autonómica Cadete Descanso   Liga Autonómica Infantil...
O Burela FS Feminino estreará peña ante o Ponte Ourense 25/11/2009
Co duelo galego Burela FSF Pescados Rubén-Ponte Ourense, Vista Alegre acollerá este sábado, 28 de novembro, outra cita: a estrea de Soles Laranxas, a primeira peña de seareiros/as do fútbol sala femin...
Toque laranxa no Día Internacional contra a Violencia de Xénero 24/11/2009
O CD Burela FS colaborará mañá, 25 de novembro, na celebración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, como denuncia ante esta eiva social. Unha ampla representación do primeiro equipo femi...
Resultados das categorías inferiores 23/11/2009
Liga Nacional Xuvenil Azkar Lugo 5-4 Burela FS (4ª xornada) Burela FS 4-3 Coruxo FS (5ª xornada)   Liga Autonómica Cadete Azkar Lugo FS 14-0 Burela FS   Deporte Escolar - EDM Burela...
O Zaragoza cortou a serie triunfal do Burela logo de vencer por 5-2 cunha arbitraxe moi caseira 22/11/2009
O Natudelia.com Zaragoza, favorecido por unha arbitraxe moi caseira, cortou a etapa triunfal do Burela FSF Pescados Rubén ao que derrotou por 5-2. O conxunto mariñán saltou á pista con decisión e levo...
Vitoria do equipo masculino en Vista Alegre ante un complicado Avilés (3-2) 21/11/2009
O equipo laranxa impúxose ao Avilés (3-2) e sobe ata o segundo posto da clasificación, aínda que empatado a puntos con Gijón, Gáldar e León. Os de Suso Rey viviron un partido esixente polo saber facer...
O Avilés chega a Vista Alegre como unha das sorpresas do Grupo Norte 20/11/2009
Na undécima xornada de Prata, chega a Vista Alegre o Avilés Oquendo como unha das sorpresas do Grupo Norte 2009-10. O CD Burela FS recibirá os asturianos, empatados a 16 puntos e ocupando a sétima e s...
O Burela FSF desprázase a Zaragoza na busca da sétima 20/11/2009
O Burela FSF Pescados Rubén desprázase na décima xornada á capital aragonesa, na busca da sétima vitoria consecutiva na División de Honra. O pavillón Siglo XXI acollerá o encontro entre o Natudelia.co...
Xornada das categorías inferiores 19/11/2009
Liga Nacional Xuvenil Burela FS-Coruxo FSDomingo 22 de novembro, ás 12.30 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela   Liga Autonómica Cadete Azkar Lugo FS-Burela FSXoves 19 de novembro, ás 17...
Visita do equipo feminino ao centro burelao de Elena Varela Peluquerías 18/11/2009
O Burela FSF Pescados Rubén visitou a semana pasada o centro burelao de Elena Varela Peluquerías, un dos principais patrocinadores con que conta o primeiro equipo feminino laranxa na tempada 2009-10....
Xuvenís e cadetes enfrontaranse ao Azkar en competición, este xoves 18/11/2009
Os equipos xuvenil e cadete do CD Burela FS viaxarán mañá, xoves, á cidade amurallada para enfrontarse ao Azkar Lugo nas súas respectivas competicións. Na Liga Nacional Xuvenil, os pupilos de Javier...
O cadro de Suso Rey cede os tres puntos nas Canarias 16/11/2009
O CD Burela FS cedeu os tres puntos nas Canarias, ante un rival directo na clasificación, o Colegios Arenas Gáldar, nun final de partido de infarto. Nunha cita na que puido impoñerse calquera, a efect...
Resultados das categorías inferiores 16/11/2009
Liga Autonómica Cadete Burela FS 3-2 O Parrulo   Liga Autonómica Infantil CD As Torres 0-3 Burela FS (equipo local non presentado)   Deporte Escolar - EDM Burela FS Benxamín A 3-2 EDM...
Lucía guía o Burela Pescados Rubén no seu sexto triunfo consecutivo 14/11/2009
Lucía conduce o Burela FSF Pescados Rubén á sexta vitoria consecutiva tras superar ao Atlético de Madrid Navalcarnero por 6-4. Ante un Vista Alegre que volveu rexistrar unha grande entrada e fronte a...
O Burela FS regresa á competición nun duelo igualado, ante o Arenas Gáldar 13/11/2009
O CD Burela FS regresa á competición ligueira, tras a xornada de descanso, na pista do Colegios Arenas Gáldar canario, nun duelo que promete tensión e igualdade, a xulgar pola posición clasificatoria....
As pupilas de Pardeiro reciben o histórico Atlético de Madrid en desafío directo 13/11/2009
Tras o seu primeiro descanso en Honra, as pupilas de Pardeiro volven mañá á liga da elite en Vista Alegre, coa visita do histórico Atlético de Madrid Navalcarnero. A bomboneira albergará un desafío di...
Xornada das categorías inferiores 12/11/2009
Liga Nacional Xuvenil Azkar Lugo FS-Burela FSXoves 19 de novembro, ás 19.30 horas, no pavillón municipal dos Deportes de Lugo Liga Autonómica Cadete Burela FS-O ParruloSábado 14 de novembro, ás 20....
A Pataca Naranxa animará o Burela FS en León, o 29 de novembro 11/11/2009
A peña A Pataca Naranxa viaxará o vindeiro 28 de novembro cos seus socios/as a terras leonesas para apoiar o Burela FS no seu encontro da duodécima xornada de Prata fronte ao OYE Ram, previsto para o...
Resultados das categorías inferiores 09/11/2009
Liga Nacional Xuvenil Burela FS 1-7 Puerto Celeiro FS   Liga Autonómica Cadete Burela FS 1-8 ADFS Bueu Deporte Escolar ED Lourenzá Infantil 3-3 EDM Burela FS Infantil B ED Lourenzá Alevín...
Xornada das categorías inferiores 05/11/2009
Liga Nacional Xuvenil Burela FS-Puerto Celeiro FSDomingo 8 de novembro, ás 12.30 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela   Liga Autonómica Cadete Burela FS-ADFS BueuDomingo 8 de novembro, á...
7 de novembro, primeira cita para a EDM Burela FS en Deporte Escolar 04/11/2009
Seis equipos da EDM Burela FS comezarán o vindeiro sábado, 7 de novembro, a súa aventura 2009-10 na liga de Deporte Escolar; os agraciados competirán nas categorías de benxamín, alevín e infantil. Os...
Resultados das categorías inferiores 02/11/2009
Liga Autonómica Cadete Troula FS 7-1 Burela FS   Liga Autonómica Infantil Burela FS 0-10 Vigo 2015 FS   Amigables Praia de Covas 2-3 EDM Burela Prebenxamín B Praia de Covas 10-0 EDM...
O conxunto laranxa continúa líder malia derrota (2-3) ante o Gijón 31/10/2009
Podía durmir o Burela FS como líder en solitario, cunha renda de tres puntos tras o empate do Avilés, pero un segundo tempo pouco inspirado arruinou o bo traballo feito polos de Suso Rey na prime...
Quinta vitoria (2-3) consecutiva do Burela FSF Pescados Rubén nas illas Canarias 31/10/2009
O conxunto que adestra Javier Pardeiro volveu saborear a vitoria no seu desprazamento ás illas Canarias, logo dun primeiro tempo no que exerceron un dominio case abafante sobre as locais. Cuchi a...
O Burela Feminino visita as últimas posicións nas Canarias 30/10/2009
O Burela FSF Pescados Rubén partiu hoxe dende Madrid con rumbo ás Canarias para enfrontarse mañá ao Teldeportivo FSF, outro dos recentes ascendidos, aínda que, situado nas últimas posicións, con pouca...
O cadro de Suso Rey defenderá o liderado ante o perigoso Gijón-El Llano 30/10/2009
O pavillón Vista Alegre acollerá mañá un encontro de altos voos na División de Prata. Será o correspondente á oitava xornada do Grupo Norte, na que o cadro de Suso Rey terá que defender o liderado -al...
A Selección Galega Sub-18 reclama os xuvenís Manuel e David 29/10/2009
Os xuvenís do CD Burela FS Manuel Jiménez e David Rodríguez foron convocados polo seleccionador Santiago Valladares para o primeiro adestramento da Selección Galega Sub-18 de cara ao Campionato de Esp...
Reunións informativas da EDM Burela FS 29/10/2009
A EDM Burela FS está preparando unha serie de reunións informativas dirixidas aos pais/nais do alumnado para a vindeira semana. As xuntanzas, que terán lugar na aula de usos múltiples do IES Monte Cas...
Xornada das categorías inferiores 29/10/2009
Liga Nacional Xuvenil Burela FS-Descansa Liga Autonómica Cadete Troula FS-Burela FSSábado 31 de outubro, ás 18.30 horas, no pavillón municipal de Betanzos Liga Autonómica Infantil Burela FS-Vigo...
Resultados das categorías inferiores do CD Burela FS 26/10/2009
Liga Nacional Xuvenil Autos Lobelles FS 8-2 Burela FS   Liga Autonómica Cadete Burela FS 3-4 Cidade de Narón FS
Xa está dispoñible a Guía de Fútbol Sala 2009-10 26/10/2009
A Guía Oficial de Fútbol Sala da tempada 2009-10 xa está ao alcance de todos os afeccionados e afeccionadas a través de Internet. A páxina web da Liga Nacional de Fútbol Sala, www.lnfs.es, pon á dispo...
Brillante vitoria do Burela FSF, que accede á terceira posición da División de Honra 25/10/2009
Cuarto triunfo consecutivo do Burela FSF Pescados Rubén que se coloca na terceira praza, con doce puntos, da División de Honra. O conxunto burelense logrou unha brillante vitoria por 3-0 ante o Ucam M...
O Burela sitúase como líder logo de vencer ao Illescas por 1-2 24/10/2009
Un sensacional gol de Revilla propiciou a vitoria do Burela FS ante o Illescas (1-2) polo que os laranxas se deitan como líderes da División de Prata, a expensas do duelo entre o Gijón-El Llano e o Va...
O cadro de Suso Rey saltará á pista do prometedor Illescas na sétima xornada 23/10/2009
O CD Burela FS enfrontarase mañá a un rival moi próximo na táboa; o cadro de Suso Rey viaxará ata Toledo para medirse ao prometedor Illescas FS, na sétima xornada do Grupo Norte de Prata. O pavillón m...
Vista Alegre acollerá o duelo Burela FSF-UCAM Murcia este domingo, ás 12.00 horas 23/10/2009
O Burela FSF Pescados Rubén cambia o seu horario habitual dos sábados pola tarde en Vista Alegre pola mañá dominical na sexta xornada da División de Honra. O equipo de Javier Pardeiro recibirá o...
Tiro de saída para a canteira laranxa 22/10/2009
Tres dos equipos da base burelista comezarán esta fin de semana as súas respectivas competicións; serán os xuvenís, en liga nacional, e os cadetes mailos infantís en autonómica. Ao conxunto xuvenil t...
Autos Lobelle, primeiro rival dos xuvenís na liga nacional 2009-10 19/10/2009
O conxunto xuvenil do CD Burela FS comezará a súa aventura na liga nacional ante o Autos Lobelle FS o vindeiro domingo, 25 de outubro; será no pavillón compostelán de Restollal, a partir das 12.00 hor...
As laranxas selan a terceira vitoria da elite arrasando en Torrejón (3-8) 18/10/2009
O Burela FSF Pescados Rubén chegou a terras madrileñas para deixar pegada. Nada puido facer o Pinto Cellosa Torrejón para neutralizar as armas das laranxas, un cadro novo na División de Honra que, co...
O Burela FS sobe ao podio tras unha intensa vitoria ante o Cáceres 2016 (4-3) 17/10/2009
O CD Burela FS accede ao podio do Grupo Norte de Prata coa terceira praza grazas á intensa vitoria da sexta xornada na bomboneira fronte ao Extremadura Cáceres 2016 (4-3), nun encontro, o de hoxe, ond...
Os laranxas reciben o Extremadura Cáceres 2016 coas ausencias de Juanma e Minu 16/10/2009
O CD Burela FS terá que afrontar a sexta xornada do Grupo Norte de Prata, ante o Extremadura Cáceres 2016, con dúas baixas seguras, Juanma e Minu. Esta será a segunda semana de ausencia do capitán lar...
O pechacancelas Pinto Cellosa Torrejón, rival das burelás o domingo 18 16/10/2009
Nun novo desprazamento, o Burela FSF Pescados Rubén repetirá encontro en domingo, o 18. No pavillón M-4 de Torrejón de Ardoz, o conxunto laranxa enfrontarase ao Pinto Cellosa Torrejón, un dos pechacan...
Infantís e cadetes inician a competición autonómica o 24 de outubro 14/10/2009
Dous equipos da base burelista xa coñecen o calendario de competición para 2009-10. Son o Infantil A e o Cadete, que comezarán cadansúa liga autonómica o sábado 24 de outubro. Ambos os conxuntos dispu...
Primeira vitoria do Vista Alegre en División de Honra tras vencer o Burela FSF por 2-1 ao Logroño 10/10/2009
Vista Alegre celebrou a súa primeira vitoria en División de Honra tras o triunfo cultivado polo Burela FSF Pescados Rubén ante o Logroño (2-1). O conxunto dirixido por Javier Pardeiro sufriu máis do n...
O Burela rescata un punto en El Escorial logo dunha segunda parte vibrante 10/10/2009
O Burela FS ofreceu dúas versións diferentes na súa visita a El Escorial onde recolleu un empate tras finalizar o choque con espectacular 6-6. A pesar de ir sempre a remolque os de Suso Rey lograron m...
A brasileira Adriana da Costa, última incorporación no vestiario de Pardeiro 09/10/2009
O técnico burelista Javier Pardeiro xa conta cunha nova cara no vestiario de Honra. Chámase Adriana da Costa, máis coñecida como Drica, e foi presentada oficialmente esta mañá nas oficinas do CD...
Os laranxas esperan manter o seu bo momento ante El Escorial, penúltimo de grupo 09/10/2009
Un animoso CD Burela FS viaxa na quinta xornada de Prata a terras madrileñas para enfrontarse mañá ao Camping-El Escorial, penúltimo do Grupo Norte que aínda non conseguiu puntuar na competición ligue...
O Burela FSF loitará polos primeiros puntos locais co debut de Souza 09/10/2009
O Burela FS Feminino Pescados Rubén volve a Vista Alegre este sábado (18.30 horas) coa esperanza de repetir na cuarta xornada de Honra a fazaña da semana pasada en Córdoba. As pupilas de Javier Pardei...
Resultados da EDM Burela FS 05/10/2009
A EDM Burela FS comezou o curso con dúas vitorias e dúas derrotas ante o Azkar Lugo, nos amigables disputados o sábado pasado en Vista Alegre: EDM Burela FS Prebenxamín A 1-2 Azkar Lugo Prebenxamín...
Golpe de efecto do equipo feminino en Córdoba (3-4) na súa primeira vitoria da tempada 04/10/2009
O equipo de Pardeiro fíxose coa vitoria (3-4) na pista máis complicada da categoría: as andaluzas levaban dous anos sen perder na casa en División de Honra. Deste xeito, o Burela FSF Pescados Rubén de...
O Burela FS vence a Talavera (3-2) e sobe de novo aos postos de cabeza 03/10/2009
A vitoria do conxunto de Suso Rey ante os casteláns (3-2) permite aos da Mariña establecerse nos postos de privilexio na xornada previa á visita ao pechacancelas da categoría: o Camping El Escorial....
As pupilas de Pardeiro visitan a pista do titán cordobés en domingo 02/10/2009
A terceira xornada da División de Honra non anuncia unha fin de semana nada doada para o Burela FS Feminino Pescados Rubén. As pupilas de Javier Pardeiro viaxarán a Andalucía para enfrontarse ao titán...
Os grandes favoritos chegan á Mariña dende Talavera 02/10/2009
Ao Burela FS tocaralle recibir, na súa cuarta xornada de Prata, a un dos grandes favoritos do Norte, o Grupo Empresas Talavera, que chega á Mariña igualado cos laranxas na táboa; Vista Alegre acollerá...
Oito monitores/as compoñerán o profesorado da EDM Burela FS 02/10/2009
Oito monitores e monitoras encargaranse de adestrar os máis de 130 alumnos/as que ten matriculados a Escola Deportiva Municipal no presente curso 2009-10. Xunto ao seu director, Alfonso Mera, e ao coo...
Os clubs de Galicia e Asturias reuniranse este venres con Javier Lozano 01/10/2009
O presidente da Liga Nacional de Fútbol Sala, Javier Lozano, reunirase mañá cos representantes dos clubs de Galicia e Asturias no Centro Deportivo Terra de Lugo, ás 19:00 horas. Ademais do CD Burela F...
A EDM Burela FS recibirá o Azkar nos primeiros amigables do curso 2009-10 30/09/2009
Despois de dúas semanas de adestramento, o alumnado da Escola Deportiva Municipal Burela FS terá as súas primeiras citas na pista o vindeiro sábado, 3 de setembro. Vista Alegre acollerá durante toda a...
Conclusións optimistas en 'Mulleres no deporte' 28/09/2009
A charla-café ‘Falemos de… Mulleres no deporte’, na que participou a xogadora laranxa Rosana Carballés o venres pasado, fixo un repaso sobre a presenza feminina no deporte e as conclusións non foron n...
Burela homenaxea os logros laranxas 28/09/2009
O alcalde de Burela, Alfredo Llano, e a concelleira de Deportes, Neves Cando, recibiron o sábado pasado o Burela FSF Pescados Rubén, despois de facerse coa XIX Copa Galicia, o 13 de setembro. Antes d...
O Burela FSF cae (3-5) na súa estrea en Vista Alegre 27/09/2009
Perdeu o seu segundo partido da tempada o Burela FSF (3-5) ante unha afección que gozou co xogo das súas en Vista Alegre pero non puido asistir a un triunfo porque as visitantes tiveron máis pegada e...
Derrota en Lanzarote (3-1) nunha xornada mala para os de arriba en Prata 27/09/2009
Logo das derrotas de Gáldar e Talavera caeu o Burela FS fronte ao Tías Yaiza nun partido con escaso acerto por parte mariñá. Só o gol de Revilla (1-1. Minuto 25) puido manter a igualada durante os pri...
O cadro de Suso Rey buscará a súa terceira vitoria consecutiva en Lanzarote 25/09/2009
Dende o aeroporto de Avilés, o cadro de Suso Rey despegará hoxe co arquipélago canario como destino, na busca da súa terceira vitoria consecutiva. Ao Burela FS tocaralle medirse mañá ao Lanzarote Tías...
A bomboneira debuta na elite con duelo de ascendidos, Burela FSF-CD Campillos 25/09/2009
A bomboneira e a afección laranxa debutarán mañá na elite futbolística coa segunda xornada de Honra, na que o Burela FSF Pescados Rubén recibirá a outro dos novatos da categoría, o malagueño CD Campil...
A ourensá Lola chega a Burela para reforzar a portería laranxa 24/09/2009
A ourensá Dolores Fernández Sotelo, Lola, arribou hoxe a Burela como última fichaxe do Burela FS Feminino Pescados Rubén para reforzar a portería laranxa; o presidente do club, José Ramón González Cas...
O Concello burelao ofrecerá unha recepción ás campioas de Galicia 23/09/2009
O Concello de Burela ofrecerá o vindeiro sábado, 26 de setembro, unha recepción oficial ás/aos integrantes do Burela FS Feminino Pescados Rubén con motivo do recente título do equipo mariñán como camp...
Rosana participará na charla 'Mulleres no deporte' o venres 25, na cervexaría Tapiñas 22/09/2009
A burelista Rosana Carballés, Ro, participará o vindeiro venres, 25 de setembro, na charla-café ‘Mulleres no deporte’, na reanudación do ciclo FALEMOS DE... que organiza o Observatorio da Mariña pola...
Cambios nos adestramentos da EDM Burela FS 21/09/2009
Os adestramentos de Prebenxamín B e Benxamín A da EDM Burela FS para 2009-10 variarán os seus horarios orixinais. Quedan da seguinte forma: Prebenxamín B: Martes (Vista Alegre, 18.30-19.30) e venres...
O Burela confirma, ao vencer por 2-1 a La Muela, o seu bo arranque ligueiro 19/09/2009
Triunfo axustado por 2-1 do Burela FS na súa posta de longo ante a súa afección que tivo que sufrir ata o asubío final para saborear os tres puntos. Con esta vitoria os laranxas confirman o seu bo arr...
Debut amargo na División de Honra Feminina do Burela Pescados Rubén 19/09/2009
O Burela FSF Pescados Rubén debutou con derrota na División de Honra ao caer na pista do Gironella por 4-0. As galegas saltaron á pista con excesivos nervios e pagaron a peaxe da súa estrea na categor...
Recibe no teu móbil os resultados da LNFS 18/09/2009
Se queres coñecer de primeira man os resultados oficiais da xornada da liga na División de Honra, só tes que darte de alta enviando un SMS coas palabras ALTA HONOR ao 5966. Igualmente, para coñecer os...
O Burela FSF inicia o seu periplo de Honra en terras catalás 18/09/2009
O Burela FS Feminino comeza oficialmente a súa andadura na División de Honra mañá, sábado, en terras catalás. Na súa primeira xornada na elite futbolística visitará o FS Construccions Queralt Gironell...
Os burelaos estrean 2009-10 en Vista Alegre ante La Muela, un dos noveis de Prata 18/09/2009
O Burela FS estreará mañá a tempada 2009-10 ante a súa afección, en Vista Alegre, na segunda xornada do Grupo Norte de Prata. Farao a partir das 18.30 horas, ante FS Aragón-La Muela, un dos noveis na...
O club burelista asina un convenio co Centro Social San Aníbal 17/09/2009
Coa nova tempada, o CD Burela FS segue tendo como máxima o seu programa de acción social, que nesta ocasión se plasmou na formalización dun convenio de colaboración co Centro San Aníbal de Burela. O d...
Pescados Rubén será o patrocinador principal do Burela FS Feminino 17/09/2009
Pescados Rubén volve demostrar o seu fondo compromiso co deporte da Mariña co apoio ao fútbol sala e ao CD Burela FS. En 2009-10 será o  patrocinador principal do Burela FS Feminino na súa inmine...
Javier Pardeiro encabezará o corpo técnico xuvenil 16/09/2009
O adestrador do Burela FS Feminino, Javier Pardeiro, será o preparador do equipo xuvenil en 2009-10; xunto a el traballará Carlos Méndez, como segundo técnico. O director da EDM, Alfonso Mera, que com...
Elena Varela Peluquerías, novo patrocinador do Burela FS Feminino 15/09/2009
O Burela FS Feminino contará na tempada 2009-10 cun novo patrocinador, Elena Varela Peluquerías. Na tarde de onte o directivo Marcelino Luna e a propietaria da firma galega, Elena Varela, formalizaron...
Sito, Keko e Manuel conseguen o empate xuvenil ante o Burela Turística (3-3) 15/09/2009
Das zapatillas de Sito, Keko e Manuel saíron os goles do conxunto xuvenil do CD Burela FS ante o Burela Turística, disputado onte en Vista Alegre. Estes tres tantos servíronlles aos xogadores laranxas...
Os xuvenís sucumben ao potencial do novo Xove FS 14/09/2009
O conxunto xuvenil sucumbiu o venres pasado á forza do emerxente Xove FS, novo equipo mariñán que en 2009-10 se estreará en Provincial. Os tres goles de Manuel non foron obstáculo suficiente para frea...
Calendario EDM Burela FS 09-10 14/09/2009
Pavillón Vista Alegre Luns Martes Mércores Xoves Venres PREBENXAMÍN "A" (02)(17:00-18:00) PREBENXAMÍN "B" (03)(18:30-19:30) ALEVÍN "A" (98)(18:15-19:30) INFANTIL "A" (96)(17:30-18:3...
Horarios de adestramentos para a Escola Deportiva Municipal Burela FS 14/09/2009
A EDM Burela FS xa ten fixados os adestramentos para o curso 2009-10, que comezará a partir do luns 21 de setembro. (CALENDARIO) PREBENXAMÍN *Os/As alumnos/as que estuden fóra de Burela (Nois, Foz,...
O Burela FSF conquista a Copa de Galicia cun gol de Dolo na prórroga 13/09/2009
O fútbol sala feminino galego vístese de laranxa tras proclamarse o Burela FSF Pescados Rubén campión da XIX Copa de Galicia ao vencer por 3-4, na prórroga, ao Cidade das Burgas. A final tivo todos...
O Burela remonta en Andorra e estrea a competición cunha vitoria 12/09/2009
O Burela FS inicia a competición ligueira cunha vitoria a domicilio en Andorra, onde se impuxo por 2-4. O conxunto laranxa logrou remontar un partido que se puxo costa arriba nos primeiros compases do...
Set en branco e directas á gran final da Copa de Galicia 12/09/2009
O Burela FSF Pescados Rubén disputará a gran final da XIX Copa de Galicia ao imporse con autoridade ao Ponte Ourense por 0-6. O conxunto dirixido por Javier Pardeiro desarborou co seu xogo e definició...
Derrota dos xuvenís ante o Concello de Trabada FS (0-8) 11/09/2009
O conxunto xuvenil do CD Burela FS caeu derrotado onte, no seu primeiro amigable da pretempada, ante o Concello de Trabada FS (0-8). O partido, cuxo desenvolvemento estaba previsto no pavillón trabade...
Lucas non continuará no CD Burela FS 11/09/2009
O técnico Iván Cao Valle, Lucas, non continuará vinculado ao CD Burela FS na tempada 2009-10. Despois de oito anos, os camiños do preparador burelao e a entidade laranxa sepáranse ao non chegar a un a...
Os carnés de socios/as 2009-10 xa están dispoñibles 11/09/2009
Dende xa, os/as socios/as do CD Burela FS poden retirar os seus carnés nas oficinas do club (avda. Arcadio Pardiñas, número 97, entresollado). Os abonos para 2009-10 conservan as tarifas da tempada...
Javier Pardeiro:'A semifinal non está sentenciada por ser favoritas as ourensás' 11/09/2009
Na véspera de que comece a fase final da XIX Copa Galicia, en Ourense, Javier Pardeiro incidiu na seriedade con que asume o Burela FS Feminino a competición e advertiu que o conxunto laranxa pode cont...
A liga laranxa arranca en Andorra o vindeiro sábado, 12 de setembro 11/09/2009
O CD Burela FS inaugura a liga 2009-10 este sábado (12 de setembro), ás 18.30 horas, en terras pirenaicas ante o FC Andorra. O cadro laranxa afronta a nova tempada na División de Prata cunha fórmula...
Os burelaos ven escapar a Copa no último cuarto ante os naroneses (4-3) 10/09/2009
Os burelaos non estarán na fase final da XIX Copa Galicia, despois de ver escapar onte o encontro de cuartos, na pista do Cidade de Narón, coa remontada dos ferroláns na segunda parte (4-3). Aínda qu...
O Burela FS clausura a pretempada en Narón, coa Copa Galicia 08/09/2009
O CD Burela FS remata as súas citas de pretempada mañá, mércores, cos cuartos da XIX Copa Galicia na pista do Cidade de Narón; o pavillón das Gándaras acollerá o encontro a partir das 20.30 horas. O...
O Burela FS estreará autobús personalizado na súa viaxe a Narón 08/09/2009
A empresa mariñá Autos Morán, provedora oficial dos desprazamentos do CD Burela FS, personalizou un dos seus autobuses cun deseño de Living Sport Viniliving baseado na imaxe da entidade laranxa. O seu...
Comeza a preparación de xuvenís e cadetes 08/09/2009
Co inicio do curso escolar tamén se aproximan as competicións das categorías inferiores. Hai que estar preparados e, por iso, o CD Burela FS xa comezou cos adestramentos do seus xuvenís e cadetes. Vis...
Os burelaos poñen en perigo o Autos Lobelle e impóñense ao Esteo FS (4-5) 07/09/2009
Na recta final da súa pretempada, o CD Burela FS soubo plantarlle cara ao Autos Lobelle de Santiago, aínda que o marcador non o acompañou (5-3), e impúxose ao Esteo FS (5-4). Para ambas as dúas citas...
Oito anos de emoción e devoción 04/09/2009
Hoxe, 4 de setembro, o CD Burela FS soprará as candeas do seu oitavo aniversario; oito anos que deron moito de si con intensas e emocionantes competicións, nas que os xogadores e xogadoras sempre se s...
Autos Lobelle e Esteo FS, citas laranxas para a fin de semana 03/09/2009
O Burela FS ten dúas novas citas de pretempada para a fin de semana, ante o Autos Lobelle de Santiago, da División de Honra, e o Esteo FS, de Primeira Nacional B. Os pupilos de Suso Rey trasladarans...
Cidade de Narón será o rival do Burela FS nos cuartos da Copa Galicia 02/09/2009
O CD Burela FS, subcampión da Copa Galicia en 2008, terá que enfrontarse ao Cidade de Narón, de Primeira Nacional A, nos cuartos da décimo novena edición da competición autonómica. Así quedou reflecti...
O Burela FSF accede á final da Copa tras golear ao Funeraria Apóstol (2-11) 02/09/2009
O Burela FS Feminino segue vivo na XIX Copa Galicia, despois de golear onte ao Funeraria Apóstol (2-11), de Autonómica, no segundo encontro de cuartos. Con este resultado e a vitoria ante Viajes Amare...
A Virxe da Mariña realiza as revisións dos cadros burelistas 01/09/2009
Como parte esencial da posta a punto para a competición ligueira, a clínica médico-cirúrxica Virxe da Mariña realiza, un ano máis, as revisións do CD Burela FS. Durante estes días, os xogadores laranx...
A EDM Burela FS recibe numerosas inscricións 01/09/2009
Unha tempada máis, o fútbol sala e o CD Burela FS volven triunfar entre os máis pequenos. A escola laranxa está recibindo numerosas inscricións para o curso 2009-10, cuxo prazo de matrícula aínda esta...
Dobre vitoria dos burelaos, ante Cidade de Narón (4-1) e Cáceres 2016 (2-4) 31/08/2009
Co paso dos adestramentos, o Burela FS vai adquirindo corpo e compenetración e boa mostra diso son os últimos resultados, cunha fin de semana redonda para os laranxas, impoñéndose ao Cidade de Narón (...
Golpe de autoridade laranxa na Copa Galicia Feminina 31/08/2009
O Burela FS Feminino deu unha lección de xogo maxistral no seu primeiro encontro da pretempada, fronte ao Viajes Amarelle, nos cuartos da XIX Copa Galicia, cun contundente 5-0. O sábado pasado, Vista...
A firma Munich calzará o CD Burela FS 27/08/2009
A firma española Munich encargarase de calzar os primeiros equipos do CD Burela FS na tempada 2009-10. O club laranxa chegou a un acordo coa devandita marca, que se converte no sponsor oficial tanto d...
Partido de presentación do Burela FS ante o Cidade de Narón 27/08/2009
O Burela FS xoga mañá o seu partido de presentación ante o Cidade de Narón, de Primeira Nacional A; terá lugar na bomboneira a partir das 21.00 horas. O conxunto laranxa recibe aos naroneses no seu c...
Os burelistas fraquean ante o Marfil (3-6) tras unha primeira parte impecable 26/08/2009
O electrónico non acompañou onte aos burelistas no seu amigable ante o Marfil Santa Coloma (3-6) en Noia, a pesar do brillante xogo laranxa. Impecable foi a primeira parte do CD Burela FS, que conseg...
A clínica Virxe da Mariña reafirma a súa aposta polo fútbol sala 26/08/2009
O centro médico-cirúrxico Virxe da Mariña reafirma a súa aposta polo fútbol sala unha tempada máis a través da colaboración co club laranxa. A directora-xerente da clínica, Mª. Esther García Insua, e...
O Burela FSF verase co Amarelle na XIX Copa Galicia, o sábado 29 25/08/2009
O Burela FS Feminino comeza forte a preparación para a División de Honra. O Viajes Amarelle Sal Lence FSF, de Prata, abrirá o calendario da pretempada laranxa nos cuartos da XIX Copa Galicia; será o v...
O luso-brasileiro André incorpórase ao cadro de Suso Rey 25/08/2009
O adestrador laranxa, Suso Rey, poderá contar hoxe coa última incorporación ao Burela FS para o amigable de Noia ante o Marfil Santa Coloma. Trátase de André Luiz Nogueira Fernandes, ala de nacionalid...
O Burela FS cae na semifinal do Celso Currás ante un Lobelle agresivo (2-5) 24/08/2009
O CD Burela FS regresou á casa sen poder gozar da gran final do V Memorial Celso Currás de Trabada despois de caer ante o xogo agresivo do Autos Lobelle Santiago FS (2-5). A pesar das ausencias de Ju...
Xantar de confraternidade 24/08/2009
O Burela FS Feminino gozou o sábado pasado dunha comida de confraternidade co fin de fortalecer os seus lazos como equipo. As xogadoras laranxas compartiron xantar, na vila mariñá, co presidente do cl...
O equipo laranxa mídese ao Marfil Santa Coloma en Noia 24/08/2009
O CD Burela FS medirase mañá en Noia ao Marfil Santa Coloma, conxunto de Honra que vén de proclamarse campión do V Memorial Celso Currás de Trabada e do Torneo de Barreiros; o encontro será no pavilló...
Brais perderá o torneo de Trabada pola convocatoria de Galicia Sub-20 21/08/2009
O segundo porteiro do CD Burela FS, Brais García, non participará no V Memorial Celso Currás desta fin de semana, debido á súa cita coa Selección Galega Sub-20. O ata agora xuvenil laranxa foi convoca...
O equipo de Suso Rey debuta con vitoria ante o Azkar B (3-0) 20/08/2009
O CD Burela FS triunfou onte no seu primeiro partido da pretempada 2009-10, cunha vitoria por 3-0 ante o Azkar Lugo B, de Primeira Nacional A. Como de costume, a afección laranxa non faltou á cita en...
Matrícula 2009-10 para a Escola Deportiva Burela FS 19/08/2009
Un ano máis o CD Burela FS volve apostar polo ensino de base con profesorado especializado a través da súa escola, que dende hoxe e ata o 4 de setembro manterá aberto o prazo de matrícula para 2009-10...
Autos Lobelle, rival laranxa no Celso Currás 18/08/2009
O Autos Lobelle Santiago FS, de Honra, será o rival do CD Burela FS no V Memorial Celso Currás de Trabada, que se disputará entre o 22 e 23 de agosto. O vindeiro sábado os xogadores de Suso Rey medi...
O Burela FS presenta os seus proxectos de Prata e Honra 17/08/2009
O fútbol sala volveu encher a bancada de Vista Alegre o venres pasado, na presentación dos conxuntos masculino e feminino do Burela FS, que defenderán as cores laranxas en Prata e Honra, respectivamen...
O club laranxa abre a campaña de socios/as 2009-10 17/08/2009
O Burela FS abre a súa campaña de socios/as para a tempada 2009-10 con &#39Empezamos?&#39, vídeo promocional que a entidade laranxa estreou ante a afección o venres pasado, 14 de agosto, na presentaci...
Raquel de Souza comeza a pretempada co Burela FS Feminino 12/08/2009
A brasileira Raquel de Souza Noronha incorporarase hoxe ao Burela FS Feminino, no primeiro adestramento laranxa da pretempada. A pivote, de 31 anos, chega ao conxunto de Javier Pardeiro procedente do...
O Beiramar imponse no torneo de fútbol praia sub-19 11/08/2009
O conxunto burelao Beiramar impúxose onte no torneo de fútbol praia sub-19 que organizou o CD Burela FS en colaboración coa Deputación de Lugo e o Concello de Burela. A competición, prevista para o 4...
Burela FS e Burela FSF preséntanse o 14 de agosto en Vista Alegre 11/08/2009
O próximo venres, 14 de agosto, Vista Alegre lucirá as súas mellores galas para acoller a presentación dos primeiros equipos masculino e feminino do CD Burela FS. A entidade laranxa dará a coñecer o s...
O Burela FS arranca a pretempada cunha convivencia en San Martiño 10/08/2009
O primeiro equipo masculino do Burela FS inaugurou a súa pretempada cunha xornada de convivencia o sábado, en San Martiño de Mondoñedo. Xogadores, equipo técnico e directiva gozaron dun xantar de conf...
Julio Delgado, no cadro técnico burelao 07/08/2009
O ex-técnico do Concello de Trabada FS e antigo xogador do Burela FS Julio Delgado regresa ás filas do equipo masculino como segundo adestrador. Na súa nova etapa burelá, Julio, que xa participou nas...
A chuvia paraliza o Torneo Sub-19 de Fútbol Praia 06/08/2009
O CD Burela FS viuse obrigado a suspender onte o Torneo Sub-19 de Fútbol Praia a causa da chuvia. A devandita competición, prevista para os días 4 e 5 de agosto na praia Urbana burelá, está promovida...
O equipo masculino ponse en marcha esta tarde en Vista Alegre 05/08/2009
O Burela FS 2009/10 ponse en marcha hoxe en Vista Alegre. Suso Rei contará con 13 xogadores para iniciar a pretempada, co partido ante o filial do Azkar no horizonte (será o próximo día 19). Edu, Bra...
Dani Martín súmase ao proxecto do Burela FS 04/08/2009
O á-pivote Dani Martín, de 20 anos de idade, asinou o seu compromiso co Burela FS. Á súa chegada á localidade mariñá, o xogador declarou sentirse “confiado en que faremos un bo papel” na tempada que s...
O xuvenil Manuel Giménez fará a pretempada co primeiro equipo 03/08/2009
Manuel Giménez Fraga incorporase ao primeiro equipo para facer a pretempada ás ordes de Suso Rey “con moita ilusión”. “Para nós, que dende pequenos asistimos a Vista Alegre para ver os partidos de fút...
Rubén García ‘Turero’ da o salto a Prata 31/07/2009
O equipo de Suso Rey terá unha nova incorporación para a tempada 2009/10 procedente da canteira laranxa. Trátase do ata agora xuvenil Rubén García ‘Turero’, á trabadense de 18 anos e cun currículo env...
O Atlético Lucense, vencedor do torneo de fútbol praia sub-14 30/07/2009
O equipo Atlético Lucense, de Foz, foi o vencedor do torneo de fútbol Praia sub-14 que organizou o Burela FS en colaboración coa área de Deportes da Excma. Deputación de Lugo e o Concello de Burela. O...
Brais acompañará a Edu na portería do primeiro equipo 29/07/2009
O ata agora xuvenil Brais García será un dos protagonistas do novo Burela FS, ocupando a praza de segundo porteiro no proxecto que prepara Suso Rey. Brais, que se amosou “orgulloso e moi contento” pol...
Minu firma a súa renovación co Burela FS 28/07/2009
Antonio Minuesa Durán ‘Minu’ retoma o seu compromiso co club “motivado e moi ilusionado por continuar neste equipo”. O vicepresidente do Burela FS, Manolo Blanco, quixo celebrar a aposta feita por Min...
Javi Rodríguez e Christian Chao volverán a vestir a camiseta laranxa 27/07/2009
Rodríguez, á canario de 20 anos de idade, volve ao Burela FS xunto co á-peche viveirense, logo de que ambos xogaran cedidos no Lanzarote Tías Yaiza durante a pasada tempada. Os xogadores laranxas foro...