2020/21 Club deportivo Burela Fútbol Sala Único club con equipos masculino e feminino en primeira división
Pescados Rubén
Destacados
08/01/2019
Convenio Colectivo de Xogadoras Profesionais
O pasado 18 de decembro as xogadoras do Pescados Rubén Burela FS, o club laranxa e a AJFSF formalizaron o Convenio Colectivo de Xogadoras Profesionais. Con vixencia desde o pasado 1 de outubro e duración de dous anos, contempla aspectos como a renovación automática no caso de embarazo, compromiso de vacacións en datas sinaladas, dereito a 10 días de Asuntos Propios por coidado de fillos ou maiores, axudas para conciliación familiar (garderías, axuda de libros de texto...), salario mínimo de 900 euros, con suba do 2% anual, o club compartirá dereitos de imaxe coas xogadoras e seguros de accidentes e invalidez.

Accede dende aquí ao documento
Publicidade
X Pechar