2020/21 Club deportivo Burela Fútbol Sala Único club con equipos masculino e feminino en primeira división
Pescados Rubén
Club   /   Historia

Nado o 4 de setembro de 2001, o PESCADOS RUBÉN BURELA FS é unha referencia da práctica deportiva en igualdade. 18 ANOS DE HISTORIA, DENDE A BASE Á ELITE, é o lema da presente tempada, na que o Club Laranxa cumpre a súa maioría de idade cos equipos Feminino e Masculino entre os mellores, na Primeira División da Real Federación Española de Fútbol.

Bicampión de liga de Primeira División (2012-13, 2015-16) e de Supercopa de España (2015 e 2019), así como campión Copa de España (2013) e de I Copa de SM A Raíña (2019) e 4Nations Futsal de Milán (2019), son algúns dos títulos que ostenta o Pescados Rubén Burela FS Feminino, que naceu na tempada 2008-09 para estrearse na antiga División de Prata. Así mesmo, o traballo incansable do conxunto masculino tamén lle brindou a oportunidade de disputar a Copa de España (2015 e 2016) en dúas ocasións xunto aos máis prestixiosos equipos da máxima categoría con 5 tempadas en Primeira; agora volve gozar do mellor espectáculo tras selar o seu ascenso en 2018-19, como campión de Segunda LNFS. Xunto a estes éxitos, na vitrina da Familia Laranxa tamén locen 5 títulos para a Copa Galicia Feminina e 1 para a Masculina, ademais de marcar 2018 como un punto de inflexión no crecemento do Deporte Feminino en España, sendo o primeiro club en formalizar un Convenio Colectivo de Xogadoras Profesionais.

O club xoga os seus encontros como local no pavillón Vista Alegre (Burela), cunha capacidade para 1.400 afeccionados, e move máis de 200 deportistas entorno ás diferentes categorías que o compoñen, con representación de diferentes nacionalidades e como exemplo de integración e multiculturalidade. Os equipos do Burela FS interveñen en ligas e competicións que se desenvolven en toda a comunidade autónoma e varias rexións españolas, entre elas Cantabria, Castela e León, Madrid e Canarias. Así mesmo, o club organiza diversos actos de gran calado social e xestiona as escolas deportivas de fútbol sala do municipio.

O equipo directivo está integrado por persoas que engloban diferentes sectores de actividade (banca, seguros, mar, funcionariado, etc.) para intentar aglutinar neste proxecto ao maior número de xente posible.

Presidente
Manuel Blanco Fanego
Vicepresidencia Primeira. Área Social e Igualdade
Cesarina Fanego Mon
Vicepresidencia Segunda. Área de Xestión
José Luis Sáez Castro
Secretario
José Ángel Dovale Gradaílle
Tesoureiro
Alfredo Veiga Rego
Vogais
José Manuel Vázquez Cerdeiras
Alberto Fernández Rouco
Juan Antonio Ródenas Martínez
Antonio Couto Díez
Luis Antonio Guillén Menéndez
Rubén Blanco Fernández
Auditor Rodríguez Lombardía