Saque de honra laranxa na vitoria do CD Lugo
O Pescados Rubén Burela FS gozou onte da vitoria en Segunda División do CD Lugo no Anxo Carro fronte ao Fuenlabrada (2-0) como convidado de luxo. A capitá laranxa, Bea Mateos, realizou o saque de honra nunha cita na que as mariñás foron homenaxeadas cun pasillo inicial como supercampioas de España e triunfadoras do 4Nations Futsal de Milán, ademais da I Copa de SM A Raíña.
Queremos dar as grazas unha vez máis aos nosos veci
16 de setembro de 2019
A Deputación tamén loa os éxitos laranxas
As últimas xestas do Pescados Rubén Burela FS tamén foron aplaudidas na Deputación de Lugo, despois dos actos do Concello de Burela e do CD Lugo dos últimos días. O Pazo de San Marcos acolleu esta mañá a recepción oficial ás Guerreiras Laranxas en recoñecemento aos recentes títulos de Supercopa de España e 4Nations Futsal de Milán.
Xunto ao presidente, Manuel Blanco, e a vicepresidenta, Cesarina Fanego, o equipo mariñán foi recibido
17 de setembro de 2019
Maas+Saúde tamén mima as Guerreiras
As novas caras burelistas Ale de Paz, Jenny Lores e Jane visitaron esta semana a clínica focega Maas+Saúde para a súa avaliación médica xunto ao cardiólogo Fernando Rebollal-Leal.
O centro sito na rúa Álvaro Cunqueiro, número 54, baixo, cumprirá en novembro o seu segundo aniversario ofrecendo unha ampla cobertura médica cos mellores profesionais, con máis de dez especialidades:Acupuntura , a cargo de Mauro Mourín González; Anxioloxía
18 de setembro de 2019
Xuntanza do deputado de Deportes co Pescados Rubén en Burela
O Pescados Rubén Burela FS recibiu onte a visita do deputado de Deportes, Efrén Castro Caloto, na sede laranxa. O responsable da área provincial, acompañado polo portavoz do BNG en Burela, Mario Pillado Mon, reuniuse co presidente, Manuel Blanco, e o vicepresidente, Jose Luis Sáez, para coñecer máis de preto a estrutura do club mariñán, así como o seu funcionamento e as esixencias de instalacións deportivas para a competición de Primeira, poñendo
18 de setembro de 2019
Osasuna, primeira proba a domicilio
Os pupilos de Juanma Marrube terán a súa primeira proba a domicilio na elite mañá na sempre complicada pista de CA Osasuna Magna (Anaitasuna, 20.00 horas). “Vai ser un partido moi duro. Nós temos que ir con moitas ganas e ilusión, como xogamos fronte a Santa Coloma, coa mesma intensidade, seguir puíndo o que estamos traballando durante a semana e así as cousas ir mellorando pouco a pouco” advertía Álex Diz, coñecedor do rival tras o seu paso pol
20 de setembro de 2019
A orde do Móstoles, escollo burelista no primeiro desprazamento
As Guerreiras Laranxas terán que loitar contra a orde do Móstoles FSF na segunda xornada de Primeira RFEF, prevista para mañá ás 18.30 horas (Villafontana). “Móstoles é sempre un rival difícil na súa pista, pero nós chegamos con ganas de seguir sumando e de mellorar porque na xornada pasada houbo fases do partido que non soubemos controlar” explicaba Peque, tras o derbi galego inaugural fronte a Poio Pescamar FSF con 4-1 para o Pescados Rubén Rub
20 de setembro de 2019
Móstoles 1-4 Pescados Rubén
O Pescados Rubén Burela FS continúa con paso firme neste inicio de liga. Os tres primeiros puntos a domicilio soben á cuadrícula laranxa nesta segunda xornada nunha pista, a do Móstoles FSF (1-4), que sempre suscitou dificultade ás pupilas de Julio Delgado; con todo esta tarde chegáronlles os 11 primeiros minutos para distanciarse con catro goles.
As Guerreiras encamiñaron case desde a bucina inicial a cita, cunha primeira parte exc
21 de setembro de 2019
Osasuna Magna 3-1 Pescados Rubén
Os pupilos de Juanma Marrube non puideron puntuar esta tarde en Anaitasuna. A orde e a concentración do Pescados Rubén Burela FS sucumbiron á determinación a balón parado do CA Osasuna Magna (3-1), nunha segunda xornada na que para navarros e galegos o gol foi sinónimo de estratexia.
Juninho adiantou os locais no minuto 6, logo de dúas tentativas infrutuosas ante Edu, de Rafa Usín e do propio brasileiro. No 13 avisou con moito perig
21 de setembro de 2019