Noticias
Arquivo de Agosto 2019
A pretempada feminina arranca o 5 de agosto con Julio Delgado á fronte
O técnico Julio Delgado volverá liderar a nave do Pescados Rubén Burela FS en 2019-20 en Primeira RFEF, co inicio de pretempada xa previsto para o vindeiro luns, 5 de agosto. “É un proxecto de continuidade. Vivimos unha tempada bastante boa, aínda que se nos escapou a liga por un par de goles, o resto foi moi boa, co gran premio da Copa da Raíña en Burela, e por iso encaramos este novo ano con máis ilusión aínda”, explicaba o salmantino, arroup
1 de agosto de 2019
Kaluza 'A española é a mellor liga do mundo e o meu soño sempre foi xogar aquí'
O gardameta polaco Michal Marek Kaluza, outra das novidades laranxas para o regreso á elite, descubrirá o futsal español defendendo o Pescados Rubén Burela FS en 2019-20, xunto a Eduardo Saavedra. “Na miña opinión, esta é a mellor liga do mundo e estou moi feliz por poder formar parte dela. O meu soño sempre foi probar fortuna en España e cando xurdiu a oferta de Burela aproveiteina” explicaba o internacional, de 21 anos, na súa presentación ofic
8 de agosto de 2019
R. Vargas: 'Chegamos coa ilusión de superarnos día a día'
“O ano pasado foi o gran soño, o do ascenso; este sabemos que vai ser moi diferente. Tocaranos sufrir pero chegamos con toda a ilusión de superarnos día a día, para dar pasos e conseguir o noso obxectivo en Primeira. A gran meta do equipo é manterse na elite, co meu obxectivo persoal de seguir medrando e dar pasos relevantes en experiencia sobre a pista” explicaba o onubense Ramón Vargas Pérez, inmerso en plena pretempada e logo de estrear a axen
12 de agosto de 2019
Ana Romero: 'Temos ilusión e ambición por volver facer algo histórico'
A engranaxe das Guerreiras Laranxas aos poucos ponse a punto. Volveu ao traballo apostando polo gran bloque do I Copa de SM A Raíña, con Ana Romero na súa cuarta tempada de laranxa, unha das garantías baixo paus: “Temos moita ilusión e moita ambición por volver facer historia. O final da tempada deixounos as mellores sensacións posibles, co título en Burela, e iso fixo que volvamos con máis ganas aínda” explicaba a murciana, xunto ao presidente,
13 de agosto de 2019
Abonos 2019-20 18 anos, dende a base á elite
Comeza a conta atrás, coa apertura da campaña de socios/as 2019-20. Tan só queda un mes para Vista Alegre volva ruxir co mellor dos espectáculos nunha tempada moi especial para a Familia Laranxa, cumprindo 18 anos de traballo dende a base á elite e cos dous equipos sénior, feminino e masculino, en Primeira. Os nov@s soci@s poderán formalizar a súa solicitude cubrindo o formulario adxunto e facendo a entrega na sede do club (Arcadio
13 de agosto de 2019  |  
Destacada
O Futuro Laranxa tamén arranca a pretempada
As Nosas Xoias tamén se están poñendo mans á obra coa pretempada. Os conxuntos Xuvenil e Cadete do Pescados Rubén Burela FS volveron á pista de Vista Alegre para poñerse a punto; os primeiros xa levan unha semaniña de adestramentos e os segundos comezaron onte pola tarde. Os Xuvenís serán os primeiros en estrear a axenda de amigables, co Torneo Burela Bonita (23-25 de agosto). Xunto aos Cadetes, tamén disputarán o Torneo Ciudad del D
14 de agosto de 2019
Presentación oficial de Everton
Everton Luiz Ferreira Araújo (Penha-Brasil, 1996) estivo arroupado polo presidente, Manuel Blanco, e o adestrador, Juanma Marrube, na súa presentación de laranxa. O ala, procedente do Santiago Futsal, foi o último en incorporarse á dinámica de pretempada, hai unha semana, co meta Edu. “Desde que cheguei a ElPozo, en 2015, xoguei contra Burela, contra un moi bo equipo desde sempre. Mantén un bloque de calidade e nós, as novas incorpor
14 de agosto de 2019
Lara Balseiro: 'Quero seguir sumando grandes momentos neste equipo'
“Quero seguir sumando grandes momentos. O Pescados Rubén cada ano reafirma a súa aposta por este equipo, cada ano nos reforzamos para optar a todo e para iso traballaremos un ano máis, para dar máis alegrías á afección, ao club e a nós mesmas”, así de terminante se amosaba unha das Guerreiras da casa, a viveirense Lara Balseiro, a punto de estrear a que será a súa oitava campaña en Burela. A 10 laranxa, acompañada polo presidente, M
16 de agosto de 2019
A internacional brasileira Jane Marques, na pretempada laranxa
A internacional brasileira Jane Marques tamén está formando parte da pretempada das Guerreiras Laranxas. A ala de 29 anos, que se incorporou aos adestramentos xa nos primeiros días, estará á disposición de Julio Delgado para a estrea de amigables mañá, en Marín, fronte Ourense Envialia e O Fisgón, a partir das 17.30 horas. Marques formará parte da expedición xunto a Jozi, Dany, Cilene, Peque, Jenny, Lara Balseiro, Ana Romero, Bea Mat
17 de agosto de 2019
Luisma: 'Fronte a Movistar fomos o equipo que queremos ser'
O Pescados Rubén Burela FS mediuse o sábado a Movistar Inter, en Toledo, no segundo desprazamento da pretempada laranxa. “Fomos o Burela que queremos ser. Non puidemos levar a vitoria, pero con esta liña de traballo podemos conseguir o obxectivo que nos propuxemos. O equipo traballou moi ben, sobre todo en defensa, aínda que nos faltou acerto na finalización, algo lóxico de pretempada coa carga física de traballo” explicaba Luisma, co axustado ma
19 de agosto de 2019
Bea Mateos: 'Véxonos moi comprometidas e dispostas a deixar a alma'
“Temos un equipo para competir por todo, o cadro é plenamente consciente diso. Vexo a todas as xogadoras moi comprometidas e dispostas a deixar a alma”, así se confesaba a capitá do Pescados Rubén Burela FS, Bea Mateos, tras impoñerse na primeira cita de pretempada, onte en Marín, fronte ao Fisgón e Ourense Envialia. A 14 mariñá tivo protagonismo goleador nos dous partidos, con 3-0 fronte ás anfitrioas xunto a Luci e Jane, e 1-1 coas
19 de agosto de 2019
Presentación dun Torneo Burela Bonita moi solidario
O salón de plenos consistorial acolleu esta mañá a presentación da cuarta edición do Torneo de Fútbol Sala Burela Bonita, que reunirá o Palma Futsal e O Parrulo FS, xunto ao Pescados Rubén Burela FS, esta semana, entre o venres 23 e o domingo 25. Vista Alegre presentará o conxunto laranxa de 2019-20 no seu regreso á elite cun cartel de Primeira nun evento que en 2019 tamén terá un fin solidario, destinado á axuda contra o cancro, e contará ademai
20 de agosto de 2019
Burela Bonita, posta de gala para o Pescados Rubén de elite LNFS
Tan só queda 1 día para que Vista Alegre estenda a alfombra ‘laranxa’ na presentación do Pescados Rubén Burela FS no seu regreso á elite. O Torneo Burela Bonita será o escaparate para dar a coñecer o equipo de Juanma Marrube 2019-20, xunto a dous rivais cos que se verá as caras en Primeira LNFS, Palma Futsal e O Parrulo FS, e coa presenza do seleccionador nacional, Fede Vidal, na xornada inaugural. Joselito é un dos incondicionais de
22 de agosto de 2019
13 noticias atopadas
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores