Os consellos fisioterapéuticos pechan mañá as Xornadas Formativas 2011
A aula de usos múltiples do IES Monte Castelo acollerá mañá o último relatorio das Xornadas Formativas Burela FS 2011, a través de consellos fisioterapéuticos, a partir das 17.30 horas. Baixo o título “A vendaxe funcional: aplicación básica na escordadura de nocello”, o fisioterapueta do Durán Maquinaria Ensino CB, Fiz Fernández, porá o broche final ao ciclo laranxa na súa terceira edición, que tamén contou coa p
8 de xuño de 2011
O Burela FS homenaxea a Pescados Rubén
Coincidindo coa XVII Copa de España de Fútbol Sala Feminino Burela 2011, o CD Burela FS quixo render homenaxe a un dos principais apoios na súa traxectoria ao longo de case dez anos de historia, Pescados Rubén SL, coa concesión da Insignia de Ouro e Brillantes. O presidente burelista, José Ramón González Casas, fíxolles entrega da máxima distinción da entidade laranxa a Rubén Blanco e Cesarina Fanego, fundadores da empresa mariñá, na compaña d
9 de xuño de 2011 | Foto: Miguel Bestué
O Xacobeo agarda os xuvenís laranxas na final da Copa, en Lugo
O Xacobeo Autos Lobelle de Santiago agardará este sábado os xuvenís laranxas na final da Copa, que terá lugar no pavillón municipal de Lugo, a partir das 20.15 horas.
O Burela FS conseguiu o billete para a final despois de vencer o Cidade de Ourense, por 3-6 e 7-5 en encontros de ida e volta, na semifinal. Agora para a gran cita, os pupilos de Iván Cao, Lucas, chegan con toda a ilusión para dar a sorpr
9 de xuño de 2011
Joma, novo sponsor do CD Burela FS
Joma será o novo sponsor oficial do CD Burela FS de cara á tempada 2011-12. O responsable da área de fútbol sala do departamento de mercadotecnia da empresa deportiva, Óscar Jiménez, reuniuse a semana pasada co director xeral da entidade laranxa, José Luis Sáez, e o directivo Antonio Couto para asinar o contrato de patrocinio polo que a marca proverá de vestimenta deportiva o Burela FS masculino e feminino, así como as categorías de base.
10 de xuño de 2011
As Xornadas Formativas despídense coa aplicación da vendaxe funcional
O fisioterapeuta do Durán Maquinaria Ensino, Fiz Fernández, foi o encargado de despedir as III Xornadas Formativas Burela FS onte no IES Monte Castelo, coa vendaxe funcional na escordadura de nocello como eixe do seu relatorio. Nesta última sesión do ciclo laranxa, o especialista abordou os diferentes tipos de escordaduras, técnicas de tratamento, contraindicacións e material adecuado. A xornada rematou cunha parte práctica por parellas.
10 de xuño de 2011
O Torneo de Base EON Burela FS suscita notable interese
Numerosos clubs, dende diferentes puntos do territorio español, amosaron interese por participar na primeira edición do Torneo de Base EON Burela FS que terá lugar na comarca da Mariña entre o 1 e o 3 de xullo.
Ante a expectativa suscitada a organización decidiu ampliar o prazo de inscrición ata o venres 17 de xuño, posto que xa contactaron coa entidade laranxa equipo
10 de xuño de 2011
Os xuvenís clausuran a tempada como subcampións da Copa Galicia
O Burela FS Xuvenil clausurou este sábado a tempada 2010-11 en Lugo como subcampión da Copa Galicia, tras unha final goleadora na que a balanza se inclinou a favor do Xacobeo Lobelle de Santiago (6-10).
A pesar do equilibrio do primeiro período, os laranxas tiveron que pelexar co marcador en contra, con 1-4 ao toque do descanso.
Con diferenza de 1-6, o Burela sacou forzas para nivelar o electrónico ata reducir as distancias con
13 de xuño de 2011
Alfonso Mera imparte un relatorio sobre seguridade deportiva no Monte Castelo
O alumnado do IES Monte Castelo de Burela aproximouse esta mañá á responsabilidade civil e seguridade deportiva nun relatorio do director da ED EON Burela FS, Alfonso Mera, integrado na formación de prevención de riscos laborais do ciclo superior de Actividades Físicas e Deportivas.
O licenciado en Ciencias da Actividade Física e Deporte, vinculado ao club laranxa dende 2005-06, trasladoulles aos/ás estudantes do primeiro curso da dev
15 de xuño de 2011
Betanzos e A Coruña, citas da ED EON Burela FS para pechar o curso
A ED EON Burela FS pechará o curso 2010-11 esta fin de semana co desprazamento aos torneos Cidade de Betanzos e Cidade da Coruña.
Un total de 16 equipos benxamíns e alevíns reuniranse mañá na sexta edición da cita betanceira, distribuídos en dous grupos por categoría. O conxunto benxamín laranxa compartirá grupo con Troula FS B, O Parrulo Ferrol FS e Concello de Curtis e o Alevín B medirase a Azkar Lugo FS, Troula FS B e Bueu FS. As se
17 de xuño de 2011