Noticias
Arquivo de Abril 2019
Resultados de base
Consulta aquí os últimos resultados da base
1 de abril de 2019
Vista Alegre para Tod@s
A pista de Vista Alegre e a devoción polo deporte reuniron o venres pasado o Pescados Rubén Burela FS e a Fundación Eu Son para pasar unha entretida e emocionante tarde arredor do futsal pero tamén doutras disciplinas, como o baloncesto. Dany, Alves, Edu e Lucho compartiron unha divertidísima sesión cos usuari@s de Eu Son, baixo a batuta do técnico de Deportes da Fundación, Pablo Martínez. Encadrado no proxecto Deporte sen Ba
1 de abril de 2019
A Familia Laranxa xa visitou o Anxo Carro para apoiar o CD Lugo, en decembro
Acompáñasnos ao Anxo Carro?
A Familia Laranxa apoiará o CD Lugo este domingo no Anxo Carro, no seu emocionante compromiso co líder da Liga 1, 2,3 , CA Osasuna. A cita futbolística arrincará as 16.00 horas. Se es soci@ do Pescados Rubén Burela FS podes facer a túa reserva ata o xoves 4, ás 14.00 horas (desprazamento en autobús, entrada e pícnic), na sede do club ou a través de burelafs@burelafs.org//982581815. Hora de saída: 14.00 horas Lugar
2 de abril de 2019
Fernando Yanes, bronce no Nacional Infantil
O burelista Fernando Yanes regresou esta fin de semana de Almería tras conquistar o bronce con Galicia Infantil no Campionato de España de Seleccións Autonómicas. Na fase de grupos o combinado irmandiño impúxose a Castela e León (2-9) e Estremadura (2-7) na fase de grupos para clasificarse para semifinais e con protagonismo goleador de Fernando Yanes. Fronte a Cataluña, o campión, caeu por 6-4 ás portas da gran final. En pugna pola
2 de abril de 2019
Horarios de base
Consulta aquí os horarios de base desta semana.
3 de abril de 2019
O sólido Vista Alegre andaluz fronte ao líder laranxa
Quedan 4 finais. Os pupilos de Juanma Marrube visitarán este sábado o sólido Vista Alegre andaluz para medirse ao Córdoba Futsal. A xornada 27 de Segunda está prevista para as 18.30 horas, co horizonte do Pescados Rubén Burela FS depositado en dar un paso máis en zona de privilexio (63 puntos) fronte a un rival de play off (7º, 41 puntos). “Sabemos que será moi complicado. Na ida a renda para nós tan só foi de 3-2 e ademais é un equ
4 de abril de 2019
Achega laranxa á Semana do Deporte de Burela
Como xa toda unha tradición, o Pescados Rubén Burela FS colaborou na Semana do Deporte de Burela, coa participación onte nos circuítos das escolas infantís da vila. Ana Romero, Renato, R. Vargas, Imanol, Jozi, Jenny, Juanfran e Porto pasaron unha divertidísima mañá con preto de 70 nen@s de 2 e 3 anos. O club laranxa tamén tivo presenza na charla de Muller e Deporte, co testemuño de Peque sobre actualidade no deporte feminino, xunto a
4 de abril de 2019
Majadahonda estrea a recta de 7 finais para las burelistas
O Pescados Rubén Burela FS medirase ao Majadahonda FSF este sábado (La Granadilla, 20.00 horas) na primeira das sete finais que lles quedan por diante ás Guerreiras Laranxas e, como antesala do gran duelo, con Atlético de Madrid, do día 13. As mariñás continúan no seu firme empeño de defender o liderado (66 puntos). “A nosa mente só está posta en Majadahonda. Sabemos que non vai ser doado, na primeira volta xa nos plantou cara (3-1)
5 de abril de 2019
Os de Juanma Marrube impóñense ao Córdoba (1-3) e rozan o soño
A escuadra laranxa saíu triunfal dunha final máis, impoñéndose ao Córdoba Futsal (1-3). Con esta vitoria, os de Juanma Marrube rozan o soño, con vantaxe de 9 puntos e a falta de 3 xornadas, sobre Mengíbar, que gañou a Santiago Futsal (4-5), e Betis, que sucumbiu na pista do Noia Portus Apostoli (5-2). Agora a seguir picando pedra, toca pensar no vindeiro sábado, coa visita á Bomboneira dos de Noia (17.00 horas), nunha nova Tarde Laranxa, que se p
6 de abril de 2019
Majadahonda FSF 3-5 Pescados Rubén
O Pescados Rubén Burela FS cumpriu esta tarde coa 23ª vitoria para seguir no cume de Primeira Liga Foro 16 Feminismo, fronte a un Majadahonda FSF valente que puido recortar a ampla vantaxe das mariñás de 0-4 ata o 3-4 en tan só dous minutos, na segunda parte. Con este triunfo, as Guerreiras Laranxas chegarán ao derbi con Futsi Atlético de Madrid da próxima semana encadeando 14 triunfos, para vivir o gran Clásico o sábado, ás 19.30 horas, pechando
6 de abril de 2019
Resultados de base
Consulta aquí os últimos resultados de base
9 de abril de 2019
Venta anticipada de non socios/as, esgotada
En tan só un día. O Pescados Rubén Burela FS xa esgotou as entradas de non soci@s que puxo en venda anticipada para unha Tarde Laranxa que pode ser histórica, coa pelexa polo gran soño da elite, fronte ao Noia Portus Apostoli (17.30 horas), e o Clásico de Primeira RFEF ante o Futsi Atlético Féminas (20.00 horas), con emisión en directo por TVG2. A taquilla abrirase o sábado en Vista Alegre ás 16.30 horas. Prezo Non Soci
10 de abril de 2019
Os socios/as deberán recoller a súa entrada para a Tarde Laranxa
Debido á gran demanda e interese que está suscitando a Tarde Laranxa deste sábado, os socios/as do Pescados Rubén Burela FS terán que recoller a súa entrada (gratuíta) para os partidos de Segunda LNFS fronte ao Noia Portus Apostoli (17.30horas) e Primeira RFEF co Clásico ante o Futsi (20.00 horas), con emisión en directo de TVG2. Para acceder as instalacións o sábado todos os socios/as deberán dispoñer da súa entrada, que poderán ret
10 de abril de 2019
Horarios de base
Consulta aquí os horarios de base
10 de abril de 2019
Cris será intervida o vindeiro martes
A murciana Cristina Pérez será intervida do xeonllo o vindeiro martes, 16 de abril. A pivote, que se lesionou a comezos de marzo fronte ao Jimbee Roldán, pasará polo quirófano do hospital FREMAP de Majadahonda por rotura de ligamento cruzado anterior e rotura parcial de ligamento colateral medial. Moito ánimo Cris. Toda a Familia Laranxa está contigo!!!!
11 de abril de 2019
Oito Xoias poñen rumbo ao Nacional CNFS de Puertollano
Esta semana tamén é moi especial para as categorías de base do Pescados Rubén Burela FS. Oito Xoias Laranxas defenderán a Galicia no Campionato Nacional de Seleccións Autonómicas que se disputará entre o 12 e o 14 de abril en Puertollano: David Gomes e Iago López, en Alevín, Carlos González, Fernando Yanes e Rafa Gomes, en Infantil, e Jorge Quelle, Isaac Regueira e Jocel de Brito, en Cadete. Moitas sorte, rapaces!!!!
11 de abril de 2019
Edu: 'Na casa, coa nosa xente e co xogo que transmitimos podemos conseguir algo inesquecible'
Os pupilos de Juanma Marrube abrirán este sábado unha Tarde Laranxa que pode ser histórica, rozando o gran soño do regreso á elite. O Pescados Rubén Burela FS medirase ao Noia Portus Apostoli, na cita 28, a partir das 17.30 horas para dar paso ao Clásico de Primeira RFEF fronte ao Futsi Atlético Féminas (20.00 horas), nunha xornada con emisión en directo de TVG2 dende Vista Alegre. “Levamos traballando dende agosto para chegar nesta situación a e
11 de abril de 2019
Vista Alegre e a Tarde Laranxa levantarán as mans pola Endometriose
Vista Alegre e a Tarde Laranxa levantarán as mans pola Endometriose, nun día moi especial, coa visita de “querENDO. Mulleres con Endometriose”. Esta asociación galega, sen ánimo de lucro, naceu no ano 2015 para desenvolver todas as actividades sociosanitarias que sexan necesarias para dar a coñecer a endometriose, contribuíndo así a un diagnóstico precoz e evitando na medida do posible a deterioración da calidade de vida das doentes.
12 de abril de 2019
Chega o Clásico a Burela, por fin
O Pescados Rubén Burela FS vivirá a xornada 25 de Primeira RFEF Liga Foro 16 Feminismo este sábado recibindo o Clásico en Tarde Laranxa, o Futsi Atlético Féminas, ás 20.00 horas, con emisión en directo de TVG2. A falta de seis finais, tan só tres puntos separan a primeira praza mariñá da segunda madrileña. “Vivín o mellor e o máis triste fronte ao Futsi e defendendo a este club, pero quédome cos grandes momentos e loitarei para que e
12 de abril de 2019
Vista Alegre só poderá abrir taquilla para os socios/as
Dende o Pescados Rubén Burela FS agradecemos o interese amosado por parte da afección tanto da Mariña coma de fóra da bisbarra para apoiarnos mañá nunha Tarde Laranxa que pode ser histórica, pero finalmente a taquilla só estará dirixida a socios/as. Vémonos na obriga de tomar esta medida para garantir o control de aforo debido á gran demanda que recibimos ao longo da semana, en venda anticipada, localidades de menores de idade e entr
12 de abril de 2019
Un soño que se converte en lenda. Voltamos a Primeira!!!!
O Vista Alegre das grandes citas non defraudou no inicio da Tarde Laranxa. As máis de 1200 persoas que asolagaron de laranxa as bancadas da Bomboneira levaron en voandas o Pescados Rubén Burela FS para converter o soño de regresar a Primeira nunha gran xesta. Os pupilos de Juanma Marrube xa son lenda na historia da bisbarra e da provincia de Lugo, co primeiro ascenso deportivo á elite da Liga Nacional de Fútbol Sala. No derbi irmandiño fronte ao
13 de abril de 2019
A Liga, máis igualada ca nunca
A Gran Marea Laranxa que se reuniu hoxe en Vista Alegre non puido poñer o broche de ouro á Tarde Laranxa. Intentárono ata a extenuación as Guerreiras sen a recompensa merecida, cun Futsi que se adiantou ao comezo da segunda parte e ampliou a fenda ata o 0-2, cando mellor estaba o Pescados Rubén, que conseguiu acurtar na recta final, sen tempo para máis (1-2). O cume agora está compartido. Comezou a contenda con dúas forzas titánicas
13 de abril de 2019
Resultados de base
Consulta aquí os resultados de base
15 de abril de 2019
Gran sábado para Benxamín A e Prebenxamín en Begonte
O equipo Benxamín A e o Prebenxamín do Pescados Rubén Burela FS gozaron dun gran sábado no Torneo de Begonte coa segunda praza para os primeiros e a terceira para os máis pequenos.
15 de abril de 2019
As Nosas Xoias triunfan no Nacional de Puertollano
As Xoias Laranxas triunfaron no Campionato Nacional de Seleccións Autonómicas disputado durante a fin de semana en Puertollano. Galicia Cadete, con Jorge Quelle, Isaac Regueira e Jocel de Brito, proclamouse campioa; os outros dous combinados irmandiños con representación burelista alzaron o trofeo de subcampións, en Infantil con Carlos González, Fernando Yanes e Rafa Gomes e en Alevín con David Gomes e Iago López.
16 de abril de 2019
Conta atrás para Copa Galicia Feminina
As Guerreiras Laranxas xa están inmersas nun novo reto. Esta semana pelexarán na Coruña polo máximo recoñecemento irmandiño na fase final de XIII Copa Galicia (Palacio dos Deportes de Riazor, 20 e 21 de abril). Pescados Rubén Burela FS medirase en semifinais ás anfitrioas, Viaxes Amarelle FSF. Os outros dous candidatos ao título serán Ourense Envialia e Cidade das Burgas. Para o club burelista será unha edición moi especial, xa que a
16 de abril de 2019
Horarios de base
Consulta aquí os horarios de base de Semana Santa
17 de abril de 2019
A polo título irmandiño
O Palacio dos Deportes de Riazor agarda as Guerreiras Laranxas no primeiro título en xogo para o Pescados Rubén Burela, coa XIII Copa Galicia (20 e 21 de abril), que pelexará sen tregua para traer para A Mariña o que se convertería no quinto trofeo irmandiño do equipo para borrar a última experiencia de liga e recuperar forzas nunha tempada na que aínda hai moito por escibir. “O resultado do sábado, en liga (1-2 Futsi), foi un pau para todas, pe
17 de abril de 2019
Debut laranxa na historia da Minicopa
O Pescados Rubén Burela FS debutou esta tarde na historia da Minicopa Infantil cun proxecto de futuro laranxa. O combinado dirixido por Jairo Campo tivo a honra de estrearse fronte ao anfitrión, Viaxes Amarelle FSF. As infantís Ester Riveira e Sofía Otero, xunto ás alevíns Claudia Rodríguez, Iria Eijo, Carmen Díaz, Noelia Fernández, María Fuente, Cayetana Trelles, Lola Muñoz e Fátima Guillén mostraron a mellor das actitudes neste gran duelo cunha
20 de abril de 2019
As Guerreiras mediranse ao Ourense na gran final irmandiña
O Pescados Rubén Burela FS superou o primeiro obstáculo en Copa Galicia vencendo con solvencia e eficacia sobre o anfitrión, Viaxes Amarelle FSF (5-0). As Guerreiras mediranse, en pugna polo que pode converterse no quinto título irmandiño na vitrina laranxa, ao Ourense Envialia, que se impuxo na primeira semifinal ao Cidade das Burgas (4-1). Riazor acollerá a cita mañá ás 12.30 horas, tras a final de Minicopa, entre Viaxes Amarelle FSF e Cidade d
20 de abril de 2019
Volvemos ser campioas irmandiñas. Pentacampioas de Galicia!!!!
As Guerreiras Laranxas conseguírono, recuperan o máximo recoñecemento irmandiño tras impoñerse na gran final ao Ourense Envialia (0-3), esta mañá no Palacio dos Deportes de Riazor na Coruña. Así, a XIII Copa Galicia Feminina convértese no quinto cetro para o Pescados Rubén Burela FS, engalanando a súa vitrina cos galardóns de 2009, 2010, 2014 e 2015; Bea Mateos, lucindo o 5 da recentemente operada Cris, recibiu o trofeo de mans do presidente da R
21 de abril de 2019
Nova experiencia internacional para Nito
O xuvenil Néstor Valle Gómez, Nito, volverá gozar dunha nova experiencia internacional defendendo a España Sub-19. Será no Torneo delle Nazioni en Italia (Gradisca d’Isonzo) esta semana, entre o 24 e o 30 de abril. A Xoia Laranxa incorporarase á concentración de Albert Canillas mañá en Madrid-Barajas para disputar a cita da Vermella fronte a Ucraína, Eslovenia e Italia. Está será a cuarta convocatoria do xuvenil burelista coa Selecció
23 de abril de 2019
Resultados de base
Consulta aquí os resultados de base. O conxunto Cadete pechou a súa participación no Laguna Futsal en cuartos de final.
23 de abril de 2019
Peque e Luci, na lista definitiva da Vermella para Moscova
As burelistas Peque e Luci están na lista definitiva da Selección Española para o X Torneo Internacional 9 de maio Día da Vitoria (5-10 de maio, Moscova), coa presenza Rusia, España, Portugal e Irán. A Selección Feminina estará concentrada na Cidade do Fútbol do 2 ao 5 de maio, para viaxar desde aí a Moscova. O combinado nacional estrearase fronte a Rusia o luns 6 de maio, ás 18:00 hora española no Aquarium Sport Center. Ao día segui
23 de abril de 2019
Penúltima final para o Campión
O Pescados Rubén Burela FS xa é campión, xa é equipo de Primeira LNFS, pero a súa meta non cambia. Os pupilos de Juanma Marrube despedirán mañá (Esperanza Lag, 21.00 horas) os seus compromisos a domicilio na penúltima final de liga; será na pista do Axa Hita Port Elche, que recibirá os galegos escapando da zona de perigo, na 13ª praza, con 29 puntos. “O noso obxectivo segue sendo o mesmo, é gañar cada partido; levamos desde o 1 de ag
25 de abril de 2019
Horarios de base, coa estrea da Copa da Mariña Benxamín
Consulta aquí os horarios desta semana na base
25 de abril de 2019
Volta á liga en Alcorcón co alento do título irmandiño
A Iiga de Primeira RFEF regresa de Semana Santa coas forzas máis equilibradas ca nunca no cume e cunhas Guerreiras Laranxas dispostas a pelexar contra vento e marea nas cinco finais que quedan por diante, co alento da reconquista da XIII Copa Galicia, o quinto título irmandiño para as burelistas tras impoñerse ao Ourense Envialia. Por diante preséntaselles un complicado reto na pista do cuarto clasificado, AD Alcorcón FSF, cuarto clasificado con
26 de abril de 2019
Elche 3-1 Pescados Rubén
O campión de Segunda LNFS clausurou esta tarde-noite os seus compromisos a domicilio, na penúltima xornada, na pista do Axa Fita Port Elche (3-1), perdendo a imbatibilidade lonxe da casa ante un rival extramotivado que mandou no electrónico desde o minuto 11 para apropiarse de tres puntos que lle dan aire con respecto á zona de perigo. Juanito adiantou os ilicitanos no minuto 11, en xogada individual. No regreso á pista, os locais a
26 de abril de 2019
Pescados Rubén pelexa ata o final en Alcorcón para aferrarse aos tres puntos (1-2)
O Pescados Rubén Burela FS demostrou unha xornada máis que pode con todo, na complicada pista do AD Alcorcón (1-2), nunha cita con gran desgaste físico e gran protagonismo de porterías, sobre todo da local. As Guerreiras Laranxas tiveron que traballar ata o final para aferrarse a tres puntos que as manteñen na pugna pola primeira praza, fronte a un rival que aguantou moi ben durante os corenta minutos cunha presión alta. As pu
27 de abril de 2019
Resultados de base
Consulta aquí os últimos resultados de base
29 de abril de 2019
42 noticias atopadas
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores