Burela acollerá a Copa da Mariña benxamín o 24 de abril
A vila de Burela acollerá a Copa da Mariña na categoría benxamín o vindeiro sábado, 24 de abril, baixo a coordinación do CD Burela FS.
Oito equipos, distribuídos en dous grupos, participarán na fase previa do campionato, nos pavillóns Monte Castelo e Vista Alegre. Praia de Covas, Cervo, Burela A e Santiago de Foz competirán no Grupo A e Mondoñedo, Burela B, Xove e A Pontenova farano no B.
O club laranxa tamén contará con repres
20 de abril de 2010
O Burela FS celebra o acceso a play off co sorteo dun Toyota Yaris
Como celebración da súa quinta tentativa por acadar a Honra, e con moi boas sensacións, o Burela FS, en colaboración con Eje Atlántico 3000, sorteará un Toyota Yaris entre a súa afección, no mes de maio, no primeiro partido de play off en Vista Alegre.
En plena crise económica mundial, o club laranxa aperta o cinto para agraciar a un dos seus seareiros/as con, nada máis e nada menos, que un coche a estrear, totalmente
21 de abril de 2010
Xornada das categorías inferiores
Campionato Provincial en Idade Escolar-CUARTOS
- Azkar Prone Benxamín A-EDM Burela FS Benxamín ASábado 24 de abril, ás 10.00 horas, na Casa do Deporte de Lugo
- A Fonsagrada Infantil-EDM Burela FS Infantil BSábado 24 de abril, ás 11.00 horas, na Casa do Deporte de Lugo
Copa da Mariña-CUARTOS
- Mondoñedo Benxa
22 de abril de 2010
As burelás regresan á liga en duelo directo ante o Navalcarnero
Despois de tres semanas, o Burela FSF Pescados Rubén regresa á liga da División de Honra en duelo directo a domicilio ante o Atlético de Madrid Navalcarnero. O encontro dará comezo mañá ás 20.00 horas, no pavillón municipal La Estación.
Con 42 puntos, madrileñas e burelás ostentan a sexta e sétima posición respectivamente, co descanso aínda pendente para o Navalcarnero.
A vixésimo sexta xornada de Honra pode servir para alixei
23 de abril de 2010 | Foto: Carlos Echevarría
Vista Alegre clausura a competición de Prata ante o Delta Badajoz
Inmerso nunha recta final de vertixe, o Burela FS disputará mañá o seu último partido ligueiro en Vista Alegre, na vixésima novena e penúltima xornada de Prata, coa visita do Extremadura Delta Badajoz. A partir das 18.30 horas, os pupilos de Suso Rey intentarán manterse na pelexa pola primeira praza ante un equipo modesto que gozará dos seus últimos minutos da tempada na Mariña, sen nada en xogo.
Coa garantía da segunda praza do Grupo
23 de abril de 2010
As burelás caeron ante Navalcarnero malia un extraordinario segundo tempo
O equipo laranxa comezou ben, pero as madrileñas adiantáronse ata poñer o 3-0 no electrónico. Só Claudia foi quen de marcar no minuto 19, inmediatamente despois de que Elena anotara o terceiro para o Atlético de Madrid.
A segunda parte tivo unha clara cor visitante. As pupilas de Pardeiro chegaron a enviar catro balóns ao poste e mesmo erraron un dobre penalti. Malia a derrota, o Burela FSF Pescados Rubén deu unha excelente imaxe ante
25 de abril de 2010
Empate (4-4) ante o Delta Badajoz no último partido da liga regular en Vista Alegre
Andaban os mariñáns pensando aínda no doado que se lles puxera o partido ante os estremeños logo do gol de Minu no minuto 7 (1-0) que a duras penas puideron reaccionar cun gol de Dani Martín, no último suspiro do primeiro tempo, ao ameazante 1-3 que lucía o electrónico aló polo minuto 19.
Os de Suso Rey lanzáronse con máis determinación que acerto cara á portería rival no segundo tempo, pero atopáronse cun gol do incisivo Bae
25 de abril de 2010
Eivissa, máximo candidato á primeira rolda de ascenso fronte ao Burela FS
A falta dunha soa xornada para que conclúa a fase regular na División de Prata, todo fai indicar que o Gasifred Eivissa será o primeiro escollo do Burela FS no seu quinto intento por alcanzar a máxima categoría. Como segundo clasificado do Grupo Norte, ao equipo mariñán correspóndelle cruzarse no arranque do play off co cuarto do Grupo Sur, e o conxunto eivisenco parte con vantaxe sobre os seus perseguidores e é o favorito nas apostas para ese
27 de abril de 2010 | La Voz de Galicia
Jozi e Claudia participan na Semana da Saúde de Alcoa-San Cibrao
As xogadoras do Burela FSF Pescados Rubén Jozi de Oliveira e Claudia Rodríguez participaron onte pola tarde nunha charla-coloquio en San Cibrao, integrada na VI Semana da Saúde, Seguridade e Medio Natural organizada pola multinacional alumínica Alcoa (26-30 de abril).
Jozi e Claudia trasladáronse ata as instalacións de Alcoa-San Cibrao para compartir as súas experiencias como deportistas de elite con empregados/as do complexo e famili
27 de abril de 2010 | Foto: Alcoa-San Cibrao