Noticias
Arquivo de Marzo 2019
Resultados de base
Consulta aquí os resultados de base do Entroido
6 de marzo de 2019
Horarios de base
Consulta aquí os vindeiros partidos de base
6 de marzo de 2019
Manzanares, reto para os burelistas
O Pescados Rubén Burela FS volve este sábado á competición, na xornada 23, coa visita á pista do Manzanares Quesos El Hidalgo FS (18.15 horas), co reto de reforzar o seu liderado (51 puntos) nunha das canchas máis complicadas de Segunda LNFS, cun equipo que ocupa a cuarta praza (43 puntos): “É un dos destinos máis complicados da liga, tanto polo seu ambiente coma pola súa pista, debido a que non estamos afeitos a xogar en superficie de goma. Se
7 de marzo de 2019
O Pescados Rubén e Rodiles FS, cada vez máis preto
O Pescados Rubén Burela FS e o club asturiano Rodiles FS están cada vez máis preto. Nas próximas semanas darán un paso máis na súa boa relación a través da formalización dun convenio de colaboración; ambas as entidades reuniranse para pechar os últimos detalles e selar un acordo de traballo conxunto polo fútbol sala en igualdade desde a base. Desta forma a Familia Laranxa estreitará lazos coa veciña de Asturias, unha comu
8 de marzo de 2019
O campión pon a proba o líder en Vista Alegre
As Guerreiras Laranxas defenderán mañá o liderato (54 puntos) de Primeira RFEF Liga Foro 16 Feminismo en Vista Alegre (18.30 horas) ante o vixente campión da liga, Jimbee Roldán, que chega á bisbarra da Mariña na terceira praza, con 13 puntos de desvantaxe sobre as locais. “Será un partido complicado. Roldán empezou a liga frouxo, nos primeiros partidos caeu posicións na táboa, pero foi de menos a máis. Agora está en boa form
8 de marzo de 2019
Arranca a Xira Descubre o Fútbol Sala, co CD Lugo
Descubre o Fútbol Sala volve un curso máis aos centros escolares da Mariña e con novidades, coa máxima referencia do fútbol na provincia. O vindeiro luns o club burelista estreará a xira cun convidado de luxo, o Club Deportivo Lugo. Os membros dos primeiros equipos do CD Lugo e do Pescados Rubén Burela FS participarán nun encontro con máis de 800 escolares da bisbarra, nunha acción enmarcada dentro do convenio de colaboración entre ambos os clubs
8 de marzo de 2019
Tres sufridos puntos para seguir no cume
O Pescados Rubén Burela FS sumou esta tarde tres sufridos puntos na visita do vixente campión, Jimbee Roldán FSF (3-2), para manterse no cume de Primeira. Tras tomar vantaxe de 3-0 nunha primeira parte con intensidade e velocidade de balón, as pupilas de Julio Delgado viñéronse un pouco abaixo tras o descanso e tiveron que pelexar na recta final con porteira xogadora en contra e coa preocupación da lesión de Cristina, no minuto 31, que tivo que s
9 de marzo de 2019
Manzanares non sorprende o líder
O Pescados Rubén Burela FS non se deixou sorprender na complicadísima pista do Manzanares FS Quesos El Hidalgo (3-5). Os pupilos de Juanma Marrube tiveron que facer fronte a un partido duro e esixente no que os locais saíron mellor, pero a boa reacción dos galegos outorgoulles táboas en dúas ocasións e así puideron conseguir ir medrando na segunda parte. Manzanares saltou á pista coas ideas máis claras. No minuto 4, Pepe apro
9 de marzo de 2019
Oito centros escolares da Mariña abren as súas portas ao Pescados Rubén Burela FS e CD Lugo
El fútbol sala naranja y el fútbol albivermello inundaron esta mañana las aulas de A Mariña. Los miembros de los primeros equipos del CD Lugo y del Pescados Rubén Burela FS visitaron más de 800 alumnos/as de la comarca, de ocho centros escolares, en Alfoz, Burela, Ferreira y Foz, y pudieron compartir con ellos experiencias, anécdotas y risas. Ambos clubes quieren agradecer todas las facilidades mostradas para permitir la difus
11 de marzo de 2019
A Mariña suma sinerxias pola igualdade
O Pescados Rubén Burela FS participou hoxe nun fermosísimo acto na unidade residencial da Asociación de Axuda ao Enfermo Mental da Mariña, con motivo do Día Internacional da Muller. O centro de Cervo, coa directora María José Novoa á fronte, recibiu a Jozi e Peque, xunto á vicepresidenta do club, Cesarina Fanego, para recoñecer a traxectoria do equipo laranxa feminino e o seu recente gran paso pola igualdade laboral. Ambas as entidad
11 de marzo de 2019
Resultados de base
Consulta aquí os últimos resultados de base.
12 de marzo de 2019
Horarios de base
Consulta aquí os próximos partidos da base
14 de marzo de 2019
Cristina terá que pasar polo quirófano
As sensacións de Cristina non eran nada boas tras a lesión do sábado ante Jimbee Roldán e as probas confirmárono; a internacional do Pescados Rubén Burela FS terá que pasar polo quirófano. A resonancia magnética realizada o martes indica que a pivote laranxa sofre rotura de ligamento cruzado anterior e rotura parcial de ligamento colateral medial. Os servizos médicos do club burelista valorarán esta semana xunto á xogadora a data de
14 de marzo de 2019
Rivas, a primeira de sete finais
Sete xornadas por diante e menos de dous meses restan para o final da liga de Segunda LNFS e o Pescados Rubén Burela FS, agora máis ca nunca, encoméndase á frase favorita de Juanma Marrube, reafirmando a filosofía do traballo continuo, do día a día e do pasiño a pasiño: “Seguimos picando pedra”. Rivas Futsal, desde a novena praza (31 puntos), será o primeiro rival dos catro inimigos que aínda terán que pasar por Vista Alegre; será o sábado, ás 18
14 de marzo de 2019
Tres puntos con obxectivos diferentes
As Guerreiras Laranxas visitarán a pista do Leganés Masdeporte FSF este sábado na xornada 21 de Primeira RFEF Liga Foro 16 Feminismo, con tres puntos en xogo de obxectivos diferentes, entre a defensa do liderado do Pescados Rubén Burela FS (57 puntos) e a duodécima praza das madrileñas (16 puntos), intentando afastarse dos postos de perigo. A cita arrincará ás 18.00 horas no pavillón municipal de La Fortuna. “Foi unha semana dura, e
15 de marzo de 2019
Un paso máis para o líder fronte a un Rivas que plantou cara (5-2)
Vista Alegre foi testemuña dun paso máis para o líder nesta recta final de Segunda cara á elite, grazas á eficacia na finalización e a un gran traballo de Edu baixo paus. O Pescados Rubén Burela FS conseguiu unha vitoria moi traballada fronte a un Rivas Futsal (5-2) que plantou cara e contaxiou aos de Juanma Marrube dun xogo de pulos, chegando a desdebuxar a orde laranxa en numerosas fases. Tan só lle fixeron falta 6 segundos aos mar
16 de marzo de 2019
As Guerreiras afinan puntería tras o descanso para impoñerse ao Leganés (1-4)
As Guerreiras Laranxas continúan o seu periplo no cume con paso firme, volverán á casa unha xornada cos tres puntos, nunha tarde na que Leganés Masdeporte resistíuselles. O Pescados Rubén Burela FS dispuxo da afinación necesaria no reinicio, tras un primeiro acto con táboas 1-1. Cun bo inicio, aínda que sen definición, as pupilas de Julio Delgado e Lucas adiantáronse no minuto 14, con Luci ao segundo pau, tras pase de Jenny. Parecía
16 de marzo de 2019
A Coruña, sede da final da Copa Galicia Feminina, en Semana Santa (20-21 de abril)
O Palacio dos Deportes de Riazor da Coruña vestirá as súas mellores galas durante os días 20 e 21 de abril para albergar a fase final da XIII edición da Copa Galicia Feminina de Fútbol Sala, baixo a organización da Real Federación Galega de Fútbol e coa colaboración do Viaxes Amarelle FSF, como anfitrión. O Pescados Rubén Burela FS pelexará nas semifinais o sábado 20, ás 20.30 horas, fronte ás herculinas. Antes, ás 18.30 horas, o ou
18 de marzo de 2019
Pescados Rubén Burela FS e Rodiles FS formalizan a súa colaboración
O convenio de colaboración entre o Pescados Rubén Burela FS e o Rodiles FS xa é un feito. O presidente laranxa, Manuel Blanco, recibiu hai uns días ao seu homólogo asturiano, Faustino Ortiz, para selar o acordo; no acto tamén estiveron a internacional burelista Luci e as xogadoras asturianas Jessi e Romina. “Para a Familia Laranxa é un orgullo comezar este camiño de promoción e difusión do traballo en igualdade desde a base cun club
20 de marzo de 2019
Resultados de base
Consulta aquí os últimos resultados de base
21 de marzo de 2019
Horarios das Nosas Xoias
Consulta aquí os horarios da fin de semana.
21 de marzo de 2019
Visita ao complicado Penya Esplugues
O Pescados Rubén Burela FS defenderá unha semana máis o liderado (60 puntos) de Primeira Liga Foro 16 Feminismo cunha tarefa complicada por diante, repetindo xornada a domicilio. Será mañá na casa do AE Penya Esplugues (16.00 horas, Les Moreres), un rival que desde a sétima praza (35 puntos) pelexa por afianzarse en zona de privilexio para a Copa da Raíña. A cita poderá seguirse en directo vía streaming.
22 de marzo de 2019
En xogo, necesidades diferentes en Zaragoza
E quedan seis. O Pescados Rubén Burela FS afronta unha final máis, na xornada 25 de Segunda, coa visita á pista do Colo Colo Zaragoza, pechando a fin de semana (domingo, 12.30 horas, La Granja). Os mariñáns buscarán manter a renda da primeira praza (57 puntos) ante un rival que ocupa a 13ª posición, a 5 puntos dos postos de perigo. “Estamos nunha dinámica positiva, iso dános confianza e sabemos desde hai xornadas que cada part
23 de marzo de 2019
Sufrida vitoria en terras catalás (3-4)
As Guerreiras Laranxas tiveron que sufrir esta tarde en terras catalás para manter o liderado burelista fronte a un Penya Esplugues (3-4), cunha gran defensa, que recuperou táboas no segundo tempo e freou o xogo de cinco do Pescados Rubén ata a recta final. Saíu ben o Pescados Rubén Burela FS con velocidade de balón, dominio e eficacia. Peque e Jenny ofreceron a vantaxe de 0-2 xa entre os minutos 5 e 6. Tras dúas magníficas ocasións
23 de marzo de 2019
O líder remonta na segunda parte (3-5)
O Pescados Rubén Burela FS mantén a súa privilexiada praza intacta tras pechar a xornada 25 esta mañá cunha máis que traballada vitoria na pista do Colo Colo Zaragoza (3-5). Os pupilos de Juanma Marrube, sen xerar demasiada ameaza en ataque na primeira parte, conseguiron dar a volta a un 2-0 en contra a partir do minuto 27, co xogo de cinco como baluarte. A pista de La Granja presenciou unha primeira parte moi igualada na que os de
24 de marzo de 2019
Resultados de base
Consulta aquí os últimos resultados de base
25 de marzo de 2019
O burelista Christian Moreno, como pez en el agua al frente de Acivasaúde
O fisioterapeuta das Guerreiras Laranxas, Christian Moreno Couto, vén de cumprir cinco meses como peixe na auga á fronte do seu último proxecto, da Clínica Activasaúde. Dende o pasado 20 de outubro o burelista dirixe o centro xunto á podóloga Yésica Expósito Casabella, compatibilizando este novo reto profesional co coidado integral do Pescados Rubén Burela FS de Primeira RFEF Liga Foro 16 Feminismo. Nas modernas e confortables instal
25 de marzo de 2019
Fernando Yanes, en pugna polo Nacional Infantil con Galicia
A Xoia Laranxa Fernando Yanes porá rumbo nas próximas horas a Almería para disputar o Campionato de España de Seleccións Autonómicas defendendo a Galicia. A expedición irmandiña partirá hoxe pola noite desde Lugo, xunto ao combinado feminino infantil, con campionato paralelo en Santa María del Águila e Vícar. Galicia debutará o xoves ante Castela e León, 12.30 horas (pavillón de Dalías). O resultado determinará o camiño do resto do
26 de marzo de 2019
Horarios de base, co inicio de Copa Primeira Galicia
Achéganse os horarios de base, co inicio da Copa Primeira Galicia Feminina. Despois de rematar na terceira praza ligueira, as pupilas de Míchel Couceiro estrearanse esta semana na Copa, pelexando con Concello de Begonte FS e Muíños-Korreo Guitiriz FS, que clausuraron a competición na sexta e sétima praza, respectivamente.
27 de marzo de 2019
Tarde Laranxa, co campión galego na busca da terceira praza
As Guerreiras Laranxas estrearán mañá a Tarde Laranxa, ás 17.15 horas, coa visita do campión galego, do Poio Pescamar FSF, que chega a Vista Alegre buscando a terceira praza de Primeira RFEF Liga Foro 16 Feminismo. O gran derbi irmandiño da xornada 23 poderá seguirse en directo a través da web de TVG2. O Pescados Rubén Burela FS defenderá o liderado (63 puntos) fronte a un equipo que recalará co pulo de impoñerse
29 de marzo de 2019
Tarde Laranxa, sen fiarse de Talavera
Quedan 5 finais. Os pupilos de Juanma Marrube reciben mañá o Soliss Talavera FS na xornada 26 buscando reafirmar o seu privilexio no cume de Segunda LNFS (60 puntos). A cita arrincará ás 20.15 horas, pechando unha gran Tarde Laranxa en Vista Alegre abrirá o derbi galego de Primeira RFEF Liga Foro 16 Feminismo entre as Guerreiras Laranxas, tamén líderes, e o Poio Pescamar FSF. “Este volve ser un partido clave para conseguir o obxectiv
29 de marzo de 2019
Brillo laranxa de derbi galego para seguir no máis alto (5-1)
A vixésimo segunda vitoria das Guerreiras chega con brillo laranxa no derbi irmandiño. O Pescados Rubén Burela FS marcou o ritmo, a eficacia e os goles fronte un Poio Pescamar FSF (5-1) con máis corazón ca cabeza que nunca se atopou cómodo na pista de Vista Alegre. As pupilas de Julio Delgado e Lucas romperon o partido ao comezo do segundo acto, co 3-0, que conseguiron ampliar ata o 5-0, co gol do honra das visitantes na recta final.
30 de marzo de 2019
O líder agárrase ao triunfo a 50 centésimas para a bucina
Outra Tarde Laranxa redonda. Vista Alegre foi testemuña dunha remontada épica cun gol de Renato, a 50 centésimas da bUcina, que lle outorgou ao Pescados Rubén Burela FS o triunfo para seguir mantendo a súa renda na primeira praza de Segunda LNFS. Os pupilos de Juanma Marrube ofreceron dúas versións moi diferentes, cunha primeira parte con certo correcalles ante un rival atrevido que conseguiu unha vantaxe de 2-4 e un segundo período no que a paci
30 de marzo de 2019
33 noticias atopadas
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores